GONDOMAR
Entrega do Premio de Poesía Victoriano Taibo
O próximo sábado día doce dos correntes, ás 19:30 horas, terá lugar no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar a entrega do VIII Premio de Poesía Victoriano Taibo, consistente en 3.000 € en metálico, unha peza escultórica conmemorativa, da autoría do artista miñorán Fino Lorenzo, ea publicación do libro premiado, o poemario Do outro lado das portas, que será presentado neste acto.
Na gala participarán, ademais do autor, Iñaki Varela Pérez, a poeta gondomareña Marta Dacosta, que conducirá o evento, o grupo de gaitas Balcón do Miñor, de Morgadáns, e o grupo de teatro afeccionado Bertorella, que, dirixido por Luís Carballo, porá en escena unha dramatización de Contos pequenos, obra inédita de Victoriano Taibo. A entrega física do galardón correrá a cargo do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e clausurará esta actividade, previsiblemente, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero.
Este certame literario pasa por un momento moi difícil, pois necesita para ter continuidade o compromiso decido das administracións da zona; por iso desexamos acadar unha asistencia importante en apoio da consecución dun novo acordo que relance e consolide o prestixioso Premio de Poesía Victoriano Taibo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149