Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 10 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

A Biblioteca Municipal de Mos amplía en case 100 libros a súa colección bibliográfica

Trátanse de novidades literarias das cales unha terceira parte están escritas en galego

[Img #21967]

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, anunciou hoxe que a Biblioteca Municipal de Mos, sita na Porteliña parroquia de Petelos, ven de recepcionar recentemente preto de 100 novos exemplares de libros para uso e disfrute dos socios e socias da mesma, tanto nas propias instalacións coma a modo de préstamo temporal.

 

Os novos títulos puideron ser adquiridos pola administración local gracias á concesión dunha subvención da consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dirixida ás bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, tal é o caso da de Mos. A edil Sara Cebreiro declaraba hoxe satisfeita que “con esta axuda da Xunta puidemos mellorar considerablemente a colección bibliográfica da nosa Biblioteca Municipal”, dixo a concelleira.

 

A subvención trátase dunha axuda plurianual correspondente ó ano 2015. O importe total ascende a 1.212,82 euros.

 

Por tal cantidade mercáronse 94 libros, exemplares de últimas novidades en narrativa para adultos, infantil e xuvenil, elixidas en base ás peticións dos propios usuarios e usuarias da Biblioteca mediante un formulario de “adquisición de obras” que teñen á súa disposición.

 

Unha terceira parte do total destes libros é literatura en galego e os títulos foron elixidos de entre a lista de lecturas obrigatorias no Instituto de Mos para os alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, ESO, e Bacharelato.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.