SALCEDA DE CASELAS
Para o PSOE "a falta de democracia reitérase en Salceda"
Marcos Besada, perde de novo os papeis e non deixa intervir o PSOE.
![[Img #21968]](upload/img/periodico/img_21968.jpg)
O Partido socialista de Salceda advirte sobre a "perigosa costume de rexeitar ou aprobar mocións a conveniencia, aproveitando a ausencia de concelleiros".
Sobre a mesa do último pleno había unha rebaixa do IBI que pese a ser aprobada no pleno do 3 de novembro, co voto a favor da oposición, non se cumpriu debido a dilatación na xestión por parte do goberno municipal.
Tourón afirma que "nunca houbo intención de rebaixar o IBI por parte do goberno, aínda que os titulares de prensa digan o contrario, pois se existise en algún momento esa vontade houbesen votado a favor no pleno anterior".
Para os socialistas "o máis alarmante é a falta de democracia e transparencia que mostra o Sr. Alcalde, pois a portavoz socialista, solicitou xa en comisión que o Pleno se celebrase ás 20h para facilitar a asistencia dos veciños e veciñas, solicitude esta que se veu rexeitada polo goberno unha vez máis".
Despois de que a interventora lle dese a razón a concelleira socialista Verónica Tourón, sobre a "legalidade do informe e ante a inminente aprobación de que a rebaixa do IBI tivese aplicación a partir do exercicio 2017, o Sr. Alcalde mostra unha actitude antidemocrática e fai un receso no Pleno, coa escusa de que quería outro informe da técnico".
"Finalizado ó receso, e debido a hora á que o alcalde decidiu continuar a sesión plenaria, concelleiras da oposición non puideron volver a incorporarse ó mesmo por causas laborais, quedando así sen aprobación o único punto do día, 'a rebaixa do IBI', sen atender o aprazamento que nese intre lle pide un dos grupos da oposición para o estudo do novo informe".
"O máis lamentable", afirma Tourón, foi que “o alcalde unha vez comprobado que o informe da interventora reiteraba o mesmo e volvía a darme a razón, levantou a sesión despois da votación sen deixar que eu interviñese para que non puidese quedar reflexado en acta que o informe de intervención viña a dicir o mesmo, e que se podía haber aprobado dende un primeiro momento e coa totalidade dos concelleiros da corporación".
Pola súa parte a Concelleira Gela Ledo manifestaba que “esta forma de gobernar y dirigir los plenos, son más de épocas anteriores. Quiero recordarle al Sr. Alcalde que el Partido Socialista está en la oposición y que van a seguir trabajando por los vecinos de Salceda y por una gestión más eficaz, a pesar de no dejarnos intervenir en las sesiones plenarias, cuando no le interesa lo que va a oír”. “No pretenderá el señor Alcalde que la oposición sea un instrumento más a su conveniencia” dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129