MOS
Nenos mosenses terán un agasallo por Nadal grazas á iniciativa “Elfos y Calcetines”
Lala Dóniz coordina a campaña que conta coa colaboración de administracións locais e ONG’s, e invita a que os seus veciños se involucren máis nunha causa que leva o selo de Mos.
![[Img #21971]](upload/img/periodico/img_21971.jpg)
Os nenos e nenas con menos posibilidades económicas do Concello de Mos, recibirán antes do día 6 de xaneiro un agasallo por Nadal das mans das mismísimas maxestades os Reis Magos de oriente, grazas á iniciativa solidaria que dirixe unha veciña de Sanguiñeda, e a colaboración do departamento de Política Social, dirixido pola concelleira Sara Cebreiro. Serán sobre 70 cativos mosenses os beneficiarios do denominado proxecto “Elfos y Calcetines”.
Lala Dóniz é a promotora da campaña “Elfos y Calcetines”, que conta coa colaboración de administracións locais e ONG’s, co fin de que, todos os cativos de Galicia e tamén de Sevilla (case 2.000 cativos beneficiarios), reciban alomenos un dos agasallos que piden por Nadal.
A esta altruísta veciña, que se mostra moi agradecida pola resposta da xente á súa campaña, só lle queda no corazón a espiña de que os veciños do seu municipio, non se involucren máis nunha causa que leva tan claramente o selo de Mos.
“Elfos y Calcetines”
O sistema de funcionamento de “Elfos y Calcetines” consiste en que a cada Elfo, -voluntario colaborador-, se lle asigna un Calcetín, -neno ou nena beneficiario desta iniciativa solidaria-. Cada pequeno escribe a súa carta cunha lista de agasallos, ou cun só, como desexe, con prezos comprendidos entre os 25 e 30 euros para evitar que uns reciban máis que outros; cada carta identifícase cun código para preservar a identidade do menor remitente (os Elfos non son coñecedores dos datos persoais dos cativos) e fáiselle chegar ó Elfo correspondente, que se encarga de mercar o agasallo e facelo chegar a un dos 45 Puntos Elfo de recollida existentes, que son establecementos comerciais que se adscribiron como colaboradores a esta campaña solidaria. Unha vez nos puntos de recollida, os agasallos son novamente recolectados e distribuídos polas entidades, organismos e administracións colaboradores (que no caso de Mos é o Concello), para proceder ó seu reparto entre os nenos Calcetíns beneficiarios.
Para máis información sobre esta iniciativa ou colaboración coa mesma os interesados poden visitar o seu perfil de Facebook, a páxina web www.elfosycalcetines.org ou escibir un correo electrónico ó enderezo elfosycalcetines@gmail.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149