MOS
O Mago de Oz ten unha cita cos mosenses este Nadal
No Concello e na Biblioteca Municipal pódense adquirir as localidades para esta cita navideña.
![[Img #21976]](upload/img/periodico/img_21976.jpg)
Xa se poden adquirir, no Concello e na Biblioteca Municipal, as localidades para o espectáculo teatral Mago de Oz, incluído na iniciativa ‘Ocio en Familia’, e que se celebrará o 27 de decembro ás 19.30 horas no Multiusos das Pozas. Ós prezos son 3 euros a entrada infantil e 7 euros a de adultos.
Obradoiros infantís de Nadal
Outra cita navideña recurrente cada ano é a dos obradoiros infantís de Nadal, ideal para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral dos pais de nenos/as en idade escolar durante as vacacións dos pequenos e solventar o conflito que eles poden ter á hora de conciliar os horarios para non deixalos desatendidos. Estes obradoiros constitúen unha excelente alternativa de ocio e tempo libre para os cativos mosenses mentres os seus pais e nais traballan.
A iniciativa dos obradoiros navideños consta dun taller na Ludoteca Municipal e un campamento deportivo no Pavillón Óscar Pereiro, ámbolos dous terán lugar do 21 de decembro ó 5 de xaneiro dende ás 9.00 horas ata ás 14.00 horas. O obradoiro de Nadal a realizar na Ludoteca está dirixido a nenos de 3 a 12 anos. A Ludoteca Municipal atópase ubicada en San Rafael, parroquia de Pereiras, e acollerá este taller cuxa temática será “Coñecer O Apalpador”, unha das figuras do Nadal máis típicas da tradición galega. O custe por participante é de 40 euros.
O campamento deportivo, dirixido a nenos de 9 a 12 anos, realizarase no Pavillón Óscar Pereiro, nel darase prioridade á actividade física, por medio de xogos e deportes, tanto tradicionais como alternativos. O custe é de 35 euros por participante. Ámbolos dous inclúen ademais unha festa de fin de ano. O prazo de inscrición está aberto ata o 13 de decembro no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos (Multiusos das Pozas). A lista de admitidos publicarase o 16 de decembro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149