SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda acusa ao alcalde de falta de vontade para aplicar a redución do IBI
Os populares lamentan que o rexedor local se escudase nos prazos para non levar a cabo a súa proposta de rebaixa deste imposto ao 0,50 en 2016.
O Partido Popular de Salceda de Caselas lamenta que o alcalde “botase a baixo a nosa proposta de rebaixa do Imposto de Bens Inmobles (IBI)”, explica Santiago Rodríguez Davila, presidente e concelleiro do Partido Popular.
"Por fin celebrouse o pleno extraordinario a petición do PP (con data de entrada en rexistro o 24 de novembro) no que se solicitaba a convocatoria desta sesión incluíndo como punto na orde do día a proposta de acordo provisorio de modificación da ordenanza fiscal reguladora do IBI establecendo como tipo impositivo o 0,50 para o exercicio 2016, o que supón unha redución do 16,70% respecto deste ano. Finalmente quedará no 0,53" indican
Conscientes de que por mor dos prazos xa non entraría en vixencia, “algo que xa foi calculado a priori polo propio alcalde”, os populares solicitaron a tramitación urxente pero o alcalde negouse a que o pleno votara esta proposta, “un sinal máis da falla de vontade pola súa parte”. Na súa insistencia, o PP decidiu entón presentar unha emenda na que explicaban de que ao non poderse aplicar esta rebaixa en 2016 se podería aplicar nos exercicios vindeiros. Ante isto, o alcalde solicitou un receso para esixir un informe da interventora que avalara a nova proposta e que durou hora e media, tempo no que dúas das concelleiras do PP tiveron que marchar debido a que tiñan que acudir ao seu posto de traballo e, consecuentemente, a proposta xa non tivo o respaldo suficiente para saír adiante.
O PP propuxo entón aplicar esta redución nos vindeiros exercicios pero tamén foi rexeitada
O Partido Popular de Salceda lamenta que "o alcalde cargue sobre os veciños a súa ineficaz xestión que fai que cada vez o Concello acumule máis débeda, aínda por riba de aplicar uns maiores impostos”. Deste xeito, a pesar de que na última lexislatura o IBI incrementouse nun 41,70%, a débeda non deixa de medrar e, pola contra, “continúan cos gastos superfluos que si poden evitarse, por non mencionar os soldos e as dedicacións excesivas. El mesmo recoñeceu fai oito anos cando accedeu á Alcaldía que se atopaba cunha débeda de 1.100.000 euros, e agora esta multiplícase por catro ascendendo a máis de 4 millóns de euros”.
A iniciativa presentada polo Partido Popular na sesión plenaria do día 3 de novembro fora aprobada por maioría aínda que, naquel momento, os populares dubidaban xa que o alcalde respectase a proposta e a fose levar a cabo, “escusándose en falta de tempo e cumprimento de prazos, cando en realidade o único que se precisa neste caso é vontade”, sinala Rodríguez Davila. Este refírese a que “cando o goberno en 2012 subiu este imposto do 0,47 ao 0,53 tamén foi nun pleno celebrado a finais de ano, exactamente un 11 de novembro, e deulles tempo material a executalo. Do mesmo xeito, podería facer coa nosa proposta, aprobada no pleno do pasado 3 de novembro”.
"Dende o Goberno néganse a esta baixada porque aseguran que repercutiría moi negativamente nas arcas municipais. Neste sentido, o PP lémbralle que coas 800 novas altas rexistradas tras a regularización catastral levada a cabo este ano, a solicitude do propio alcalde, os ingresos equipararíanse. Aínda rebaixando o IBI, ao seren máis os inmobles que terán que pagar, o importe total recadado non diminuirá, xa que as novas altas compensarán a porcentaxe de rebaixa do imposto”. Neste sentido, o Informe de Intervención tamén avala a proposta pois nela recóllese que “non se vería afectado o plan de axuste nin a regra de gasto”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129