PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra impulsa proxectos europeos para xenerar retorno económico na provincia
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou que “estamos a traballar en proxectos que impulsen o emprego, a competitividade empresarial, o I+D, as novas tecnoloxías, a sostenibilidade e o medio ambiente, a formación, o turismo, a prevención de riscos e a xestión dos recursos naturais”.
![[Img #21981]](upload/img/periodico/img_21981.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer recentemente que o vindeiro ano 2016 a institución vai concorrer a fondos europeos para desenvolver proxectos que terán que ver coas apostas estratéxicas do novo goberno provincial. Así, Silva subliñou que “os nosos obxectivos son impulsar políticas que xeren emprego, así como apostar pola economía produtiva como modelo para facilitar o crecemento económico. Por iso, aproveitando os fondos europeos, xa estamos a traballar en proxectos para o impulso do emprego, a competitividade empresarial, o I+D, as novas tecnoloxías, a sostenibilidade e o medio ambiente, a formación, o turismo, a prevención de riscos e a xestión dos recursos naturais”.
Carmela Silva destacou que as grandes liñas que seguen os proxectos europeos ós que opta a Deputación de Pontevedra perseguen que os fondos da Unión Europea teñan un retorno real. Neste contexto, subliñou que “fronte ó anterior goberno que presentaba unha amalgama de proxectos que nin tiñan obxectivos, nin fins claros, nin valoraban o retorno na provincia, o novo goberno quere avanzar desa simple captura de fondos a unha elaboración de proxectos planificada, facendo co partícipes ós concellos e traballando conxuntamente con Portugal, co obxectivo de xerar un claro retorno e impulsar a economía, crear emprego e impulsar o emprendemento, o turismo e a defensa do medio ambiente na provincia de Pontevedra”.
O novo goberno da Deputación de Pontevedra está a traballar en dúas grandes liñas en canto ós proxectos europeos: a economía, industria, turismo e o medio ambiente e, por outra banda, o impulso do emprego e formación.
Silva manifestou que “os fondos que pedimos, facendo co partícipes ós concellos e traballando conxuntamente con Portugal, terán un retorno real na provincia de Pontevedra”
No campo da economía, industria, turismo e medio ambiente, a Deputación de Pontevedra traballa no Proxecto CIME, de Cooperación intelixente para favorecer a competitividade da industria metalúrxica da Eurorrexión, en colaboración coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME), a Asociación de Industriais Metalúrxicos Metalmecánicos e afins de Portugal (AIMMAP), o Centro de Apoio Tecnolóxico á industria metalomecánica (CATIM) e a Fundación Galega do Metal para a formación, cualificación e emprego FORMEGA.
Tamén nesta liña atópase o proxecto COPTRAEE, de cooperación e tecnoloxía para a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, en colaboración con REVERTIA, ERP España, EnergyLab, LIRSA, ERP Portugal e LIPORT.
Hydrothermas, vilas termais de Pontevedra e norte de Portugal, é outro proxecto que se enmarca na liña a economía, industria, turismo e o medio ambiente e no que participan os concellos de Caldas, Catoira, Cuntis, O Grove, Mondariz Balneario, Tui e Vila de Cruces, a cámara municipal de Vizela, Guimaraes, Penafiel e as Universidades de Minho e Vigo.
O último dos proxectos enmarcados na liña de economía, industria, turismo e o medio ambiente é a valorización do Camiño Portugués de Santiago, no que están representados os 17 concellos polos que discorre o Camiño Portugués ó seu paso pola provincia e participan as cámaras municipais portuguesas de Barcelos, Paredes de Coura, Ponte da Lima e Valença do Minho.
A segunda das liñas de proxectos europeos nos que traballa a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo o impulso do emprego e a formación. Neste contexto, a institución provincial participará no programa Erasmus+ Convocatoria 2016 co obxectivo de impulsar a mobilidade das persoas por motivo de aprendizaxe, cooperar para a innovación e o intercambio de boas prácticas, promovendo alianzas para o coñecemento, a educación, a formación e a xuventude e apoiar a reforma das políticas, impulsando o diálogo estruturado entre mozas, mozos e responsables de decisións no ámbito da xuventude.
Tamén, en canto o impulso do emprego e a formación, a Deputación está a elaborar, en colaboración có INCYDE as propostas para dous Programas Operativos: un para emprendemento xuvenil para menores de 30 anos que se estenderá ata o 2018 e outro para o fomento do emprego, formación e emprendemento dedicado a todo tipo de colectivos que podería chegar ó 2023.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115