Provincia
Unha persoa falecida e outra ferida grave tras colidiren unha moto e un coche na N-120, en Covelo
Un motorista perdeu a vida tras colidir co vehículo que conducía cun turismo na N-120, despois de Paraños, en Covelo. O condutor do coche, gravemente ferido, foi trasladado ao Hospital Cristal Piñor no helicóptero medicalizado con base en Ourense. Previamente, tiveron que intervir os Bombeiros de Ponteareas e O Baixo Miño, pois o ferido estaba, ademais, atrapado no interior do seu vehículo. O persoal do CAE 112 Galicia puxo en marcha o operativo tras recibir a alerta pouco antes das cinco desta tarde. Ademais dos efectivos do parque municipal e comarcal, contouse coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos técnicos de Urxencias Médicas e dos membros de Protección Civil de Verdugo-Oitavén.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115