PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra rende homenaxe a Rafael Fontoira, fundador da Escola de Canteiros
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, destacou o compromiso de Fontoira “que o levou ata a aportar o seu patrimonio para que a Escola de Cantería puidera seguir funcionando”.
![[Img #21990]](upload/img/periodico/img_21990.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada da deputada Montse Magallanes, acudiu á Escola de Cantería para render homenaxe a Rafael Fontoira Surís, fundador do centro. Carmela Silva destacou que “toda a provincia e Galicia debe render un recoñecemento a Rafael Fontoira, pai da Escola de Cantería e un home comprometido coa mesma, ata o extremo de aportar o seu patrimonio para que puidera seguir funcionando”.
Silva destacou que “somos a comunidade con maior riqueza artística en pedra polo que debemos seguir traballando para que non se perda a nosa historia, a nosa identidade, o noso patrimonio, pero tamén para que sigamos construíndo patrimonio en pedra e que así as vindeiras xeracións sigan afirmando que somos o territorio con maior arte en pedra”. Por todo elo, a Presidenta agradeceu a tarefa que realizou Rafael Fontoira, “pai desta Escola, que loitou por mantela e darlle o prestixio que hoxe ten, un home que deu tanto por esta grande profesión que converte a pedra, que forma parte da nosa identidade, en arte”.
Asemade, Carmela Silva anunciou que quere que Rafael Fontoira asesore á Deputación de Pontevedra en canto á Escola de Cantería, polo coñecemento que ten da mesma, e en materia de patrimonio.
Pola súa banda, Rafael Fontoira agradeceu as palabras da Presidenta da Deputación “dobremente, porque teño que dicir que os anteriores fixeron todo o contrario, non me deron nin a oportunidade que lle daba Franco para as persoas coma min, que lles mandaban unha carta de cese por un motorista”. Pese a elo, Fontoira destacou que ter rancor non serve para nada e afirmou que “gardo unha inmensa alegría por esta escola, por este edificio que tantos anos me custou facer, polo esforzo que supuxo que se puxeran de acordo a Deputación coas Consellerías para que pagaran este edificio, por ver que o plan de estudos que fixen segue funcionando, pero sobre todo por ver que segue habendo alumnado na escola”.
Ademai, Fontoira aproveitou a homenaxe para pedirlle á Presidenta da Deputación que “siga apoiando á Escola de Cantería, porque facelo é apoiar ó espírito das galegas e galegos e ó máis devanceiro dos oficios da provincia de Pontevedra”.
Finalmente, a Presidenta da Deputación felicitou ós gañadores dos premios de modelado 2015, Cristian Jabois Pérez e Sergio Paz Sotelo pola obra “El Pacto”, na categoría B, e Raúl Martínez López pola obra “Niña con caballito”, na categoría A.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213