Jueves, 15 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Os mosenses xa poden inscribirse no programa de balnearios do Imserso

Serán atendidos no departamento municipal de Política Social de 10.00 horas a 14.00 horas

A concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, informa de que xa están abertos os prazos de solicitude para participar no programa Termalismo Social do Imserso. Os interesados en inscribirse para os meses de febreiro a agosto teñen de prazo ata o vindeiro 11 de xaneiro e os que queiran participar durante os meses de setembro a decembro, ata o día 11 de maio de 2016.

 

 

Poderán participar neste programa os xubilados ou incapacitados permanentes, as pensionistas de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade, os pensionistas por outro concepto ou perceptores de prestacións de desemprego con sesenta ou máis anos de idade, e os asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social español con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

 

 

Os participantes non deben padecer enfermedades contaxiosas, que lles impidan valerse por sí mesmos ou que estean contraindicadas para a recepción de tratamentos termais.

 

 

Os baremos a ponderar para acceder ós balnearios e quendas solicitadas serán o grao de necesidade do tratamento termal, a situación económica, a idade, o non ter disfrutado do programa en anos anteriores, ser membro dunha familia numerosa e/ou outras circunstancias excepcionais.

 

 

Poderán participar no programa, xunto cos beneficiarios, os cónxuxes ou parellas de feito así como os fillos/as con discapacidade.

 

 

Os balnearios ofertados na comunidade autónoma galega son Santiago de Compostela en Brión, Baños Viejos en Carballo, Guitiriz, Termas Romanas en Lugo, Río Pambre 2 en Palas de Rei, Augas Santas en Padrón, Arnoia, Molgas 1 e 2 en Baños de Molgas, Carballiño, Laias, Lobios, Acuña 1 e 2 en Caldas de Reis, Dávila en Caldas de Reis, Caldelas de Tui, Termas de Cuntis, Hesperia Illa da Toxa e Baños da Brea en Merza-Vila de Cruces.

 

 

Os turnos de participación no programa poderán ser de 10 ou 12 días e inclúen aloxamento e manutención en réxime de pensión completa en habitacións dobles de uso compartido, tratamentos termais e realización de actividades de animación. Os prezos dos balnearios galegos dependendo dos turnos elixidos e do balneario en cuestión oscilan entre os 304,50 euros e os 446,74 euros.

 

 

Os mosenses interesados en participar neste programa poden dirixirse dende xa ó departamento municipal de Política Social de luns a venres en horario de 10.00 horas a 14.00 horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.