Provincia
Deputación e concellos acordan proxectos conxuntos para a posta en valor da rede de sendeiros azuis da provincia
Carmela Silva confirmou unha partida inicial de 60.000 euros para primeiras actuacións nos municipios e avanzou que o proxecto concorrerá en 2016 a Fondos Europeos como o Programa Life
![[Img #22032]](upload/img/periodico/img_22032.jpg)
A Deputación de Pontevedra e os nove concellos da provincia adheridos a Rede de Sendeiros Azuis acordaron poñer en marcha un proxecto común para revitalizar a rede e converter estes itinerarios, que enlazan praias e portos con bandeira azul, nun importante elemento de cooperación e atracción turística. A institución provincial, que dispoñerá dunha partida inicial de 60.000 euros para as primeiras actuacións, asinará antes do 31 de decembro un convenio marco coparticipado con cada un dos 9 municipios a fin de desenvolver primeiras actuacións concretas de sinalización, mobiliario, mantemento e promoción.
Na reunión deste mes, á que acudiron alcaldes e representantes de todos os concellos adheridos á Rede, tamén se avanzou que o proxecto terá un percorrido a medio e longo prazo xa que en 2016, coa unión de todos os municipios, a Deputación concorrerá a fondos europeos para desenvolver este plan de traballo de forma máis ambiciosa. Un deles é o LIFE, un programa europeo cunha liña de financiamento para mellora ambiental e recuperación da biodiversidade.
A Presidenta Carmela Silva sinalou que "as sinerxias e o traballo conxunto cos concellos naquilo que nos identifica faranos moito máis fortes e este proxecto o é. Trátase de cambiar o modelo, tamén nisto, para que no canto de que cada municipio aposte só polo que ten, fagamos unha aposta común". Silva engadiu que poñer en valor esta rede ten o obxectivo transversal de convertela noutro factor de importancia "para que todos os cidadáns que nos visiten saiban que aquí temos valores ambientais moi relevantes e que se atopan en diferentes concellos da provincia"
Tanto a Presidenta da Deputación como o deputado de Cooperación, David Regades, agradeceron a inmediata disposición dos concellos integrados na Rede de Sendeiros Azuis: Cangas, Bueu, A Illa de Arousa, A Guarda, Vigo, Nigrán, Baiona, Sanxenxo e tamén Pontecaldelas, concello que está a tramitar a súa candidatura para optar a esta distinción.
Os sendeiros azuis son itinerarios e elementos paisaxísticos que unen praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sustentable do litoral, con función social e como elementos vertebradores para o desenvolvemento, saúde e benestar do conxunto da sociedade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.121