Ponteareas
O PP alégrase de que o próximo día 22 o goberno presente o Calendario 2016
O portavoz do Partido Popular de Ponteareas, Salvador González Solla, alégrase de que o actual goberno tripartido siga apostando por unha das iniciativas que o PP instaurou durante o seu mandato.
Desde o primeiro número, o calendario naceu “coa pretensión de pór en valor todos aqueles elementos emblemáticos do concello de Ponteareas: Os seus monumentos parroquiais, os seus recursos naturais, os seus persoeiros culturais e deportivos e, sobre todo, o seu elemento identificador máis sobranceiro, o Corpus Christi e, ao mesmo tempo, fai unha aposta clara e decidida pola normalización e emprego do galego en todos os eidos da administración local” explican nun comunicado de prensa os populares.
O que lle parece estraño ao PP é “que, ata este ano, a oposición da anterior lexislatura criticaba a edición do calendario galego do Concello, porque o consideraban un despilfarro, un gasto desmesurado dada a situación ‘de bancarrota’ do Concello, nunha ‘situación alarmante de emerxencia social que sufre a localidade’”. Noutras ocasións “considerábano un acto electoralista e partidista, chegando a considerar esta iniciativa como un `descarado desprezo cara a cidadanía’ na que se antepoñía ‘campañas de propaganda ao benestar de moitos veciños que non poden facer fronte a gastos básicos como alimentación, vivenda , enerxía, etc.’”. No pleno de decembro de 2013, “o PSOE atacábannos dicindo que o calendario anual ‘é a metade do custe dun traballador dos que cobran pouco. Aforren cartos’” dicían. Ademáis recordan dende o PP que “no pleno de xaneiro de 2014 a actual tenente de alcalde, Sra. Garrote, do partido socialista, recriminábanos que fixeramos o calendario ‘gasta o diñeiro en calendarios con fotografías a todo color’, no pleno de decembro acusábanos de facer ‘uns calendarios municipais, con dubidoso valor cultural’, naquel mesmo pleno a actual concelleira de cultura, do BNG, dicía que se repartían a ‘diestro e sinestro’. O curioso era velos repartir calendarios e solicitar algunha caixa para distribuír entre os seus correlexionarios”.
Desde o PP non entenden “que houbo de cambio desde a publicación do último calendario que editou o anterior goberno popular, para que agora sigan apostando por esta iniciativa”. Consideran desde o PP que “este cambio de actitude pódese deber ao afán de protagonismo do Sr. Represas ou que aquela imaxe de bancarrota que a oposición intentaba transmitir, non era tal, o que vén a demostrar que a xestión económica do Partido Popular ao fronte do Concello foi exemplar” din dende o PP. Ademais, recordan os populares, que “a edición dos calendarios se patrocinaba maioritariamente con aportacións doutros organismos e entidades. Iso si que é xestionar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149