Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 16 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
O Porriño

A alcaldesa do Porriño asina un convenio de colaboración con ‘La Caixa’

Entregaranse 4.000 € ao banco de alimentos da vila

[Img #22041]

 

A alcaldesa do Porriño e o director de La Caixa, asinaron este mércores un convenio polo cal a entidade financieira entrega ao Concello unha a cantidade de 4.000 € que destinarase na súa totalidade a SOS Porriño-Banco de Alimentos que, na actualidade atende a máis de 250 familias porriñesas que viven en situación de necesidade.

 

A alcaldesa, Eva García de la Torre ademáis de agradecer á Fundación Obra Social ‘La Caixa’ a súa aportación, subliñou que a cooperación co Concello e co pobo do Porriño “é constante dende hai moitos anos e atende, sempre, os chamamantos de solidariedade que se fan desde a administración local e as ONGs porriñesas”.

 

Pola súa banda o director de La Caixa, Igor de las Heras, amosou a disposición “e o compromiso da Fundación Obra Social de La Caixa cos veciños do Porriño” e ademáis de adiantar que este ano a aportación ao Banco de Alimentos será de 4.000 €-1.000 máis que en 2014- lembrou que o orzamento da Fundación en Galicia, lonxe de conxelarse ou reducirse, aumentará no ano 2016 ata os 9 millóns de euros, un millón máis que no ano que está a piques de rematar.

 

No acto de sinatura do convenio, a concelleira de Benestar Soledad Girón, quixo agradecer, ademáis, a laboura “entregada e constante” dos voluntarios de SOS Porriño, “que logo de traballar adican o seu tempo e esforzo a axudar a centos de persoas que están nunha situación límite”. 


A concelleira indicou que graza á mesma, foi posible que se fixeran xa entregas, “estos días” de productos de primeira necesidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.