Provincia
Estrella Galicia merca 5.000 metros cadrados de terreo para instalar una base loxística en Barro - Meis
A empresa abona máis de medio millón de euros polos terreos
![[Img #22042]](upload/img/periodico/img_22042.jpg)
A Deputación de Pontevedra e "Hijos de Rivera S.A.U. Estrella Galicia" asinaron este mércores, nunha notaría de Caldas de Reis, a operación de adquisición das dúas parcelas que a empresa ocupará no Polígono Barro-Meis e que a Xunta de Goberno provincial adxudicou por unanimidade o pasado 29 de outubro.
A cervexeira desembolsou 683.003 euros por estes terreos, que suman un total de máis de 5.000 metros cadrados e que utilizará para desenvolver a súa base loxística de distribución cun investimento próximo ao millón de euros.
Con esta operación con Estrella Galicia, a Deputación de Pontevedra consegue dar un novo impulso ao Polígono Barro-Meis, o maior parque empresarial da comarca, con 27 parcelas xa ocupadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213