Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 21 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Salceda de Caselas

V San Silvestre de Salceda de Caselas

Salceda de Caselas celebrará o día 26 de decembro, e por quinto ano consecutivo, a súa Carreira Solidaria de San Silvestre, unha iniciativa que ten como finalidade a recadación de alimentos para o Programa de Alimentos do Concello. Será un xeito de facer deporte e, ao mesmo tempo, axudar a aqueles que máis o necesitan.

 

A San Silvestre Solidaria, que tradicionalmente moitos veciños e veciñas aproveitan para disfrazarse e gozar do entorno festivo do Nadal, ten un percorrido urbano de 3 quilómetros con saída dende a Praza do Concello ás 21:00 h onde, antes da saída, haberá unha actividade de animación con zumba.

 

A concelleira de Benestar do Concello de Salceda de Caselas, amosaba o seu agradecemento anticipado “a todos os veciños e veciñas que sempre participan nesta causa, achegando alimentos e amosando a súa solidariedades cos menos favorecidos”. Nese sentido, Teresa Pérez non dubidaba en afirmar que “ningunha familia debe carecer dos bens básicos e, dende a área de Servizos Sociais, traballamos para que iso sexa unha realidade”.

 

Pola súa banda, a concelleira de Deportes, animaba a todos os veciños e veciñas a participar nesta iniciativa solidaria “da que poden gozar persoas de todas as idades, dende os máis cativos aos maiores”. Pérez aseguraba que o percorrido “permite que se poida facer correndo ou camiñando, segundo os gustos e a preparación de cada quen”. O importante, salientou a reponsable de Deportes, “é participar nunha iniciativa que vincula estreitamente a solidariedade e o deporte”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.