Provincia
O PP esixe á Deputación que "rectifique e apoie o Concurso Provincial de Rondallas"
Nidia Arévalo fai un chamamento aos alcaldes dos concellos afectados para que non deixen de lado ás rondallas, porque di “á presidenta impórtalle pouco”
![[Img #22062]](upload/img/periodico/img_22062.jpg)
O Partido Popular vai esixir á Deputación de Pontevedra que reconsidere e rectifique a súa posición sobre o Concurso Provincial de Rondallas. Entenden os populares que o bipartito quere facer desaparecer un elemento cultural propio da provincia, e por iso xa presentaron mocións para debater no pleno da propia institución provincial, pero tamén de cada un dos seis concellos afectados por esta decisión.
Así o anunciou esta mañá a voceira do grupo popular e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo alcalde de Redondela e deputado provincial, Javier Bas; polo presidente do PP de Vigo e tamén deputado, Chema Figueroa; así como polos voceiros populares de Nigrán, Porriño e Gondomar, Alberto Valverde, Nelson Santos e Fernando Guitián.
Os populares defenden que as rondallas son unha sinal de identidade da provincia, xa que non existen coas mesmas características noutros lugares. Son unha parte enraizada da cultura na que participan multitude de persoas de todos os ámbitos, desde mestres e músicos profesionais, ata afeccionados de todas as idades.
“É unha tradición da máxima importancia no sur de Pontevedra, que desde hai máis de 30 anos amenizan os nosos concellos, as nosas rúas... E agora o bipartito desta nova Deputación quere eliminalo, os mesmos que xa desmantelaron a Escola de Gaitas. É imperdoable, unha falta de respecto. E supón dar a espalda a máis de 1.300 persoas que participan nas rondallas, e que levan ensaiando desde finais de verán, pero tamén ao colectivos culturais e veciñais, aos concellos e a todas as persoas que cada certame se achegan ata o IFEVI para disfrutar delas”, criticou Nidia Arévalo.
Nesta liña, Chema Figueroa sinalou que “os deputados provinciais do PSOE e do BNG, e sobre todo a súa presidenta, non se enteran de que este é o certame cultural máis importante de Galicia”, en número de participantes e en número de persoas que están apoiando a eses rondalleiros de cada un dos concellos. Recordou que aproximadamente 15.000 persoas visitan o IFEVI ese día, e que os máis de 1.500 rondalleiros e rondalleiras, desde os 4 aos 70 anos, xa están preparando o seu traballo desde setembro. “Este certame ten que celebrarse e ten que celebrarse xa este ano. Están a tempo se teñen vontade e se teñen disposición”, engadiu.
Pola súa parte, o alcalde de Redondela Javier Bas amosouse convencido de que hai que apostar de forma definitiva por esta cultura tradicional que nace nas parroquias, e opina que hai que apoiala non só economicamente, senón tamén na súa promoción. “A miña dúbida xa é se a presidenta entende as rondallas como cultura, porque está indo en contra da cultura tradicional de toda a provincia. As súas improvisacións, unha vez máis, levan a este tipo de situacións. Pero aínda están a tempo de rectificar”, engadiu.
"O GASTO, UN INVESTIMENTO"
Sobre o gasto que supón este evento, e que foi a razón á que fixo referencia a presidenta da Deputación para deixar de apoiar o concurso, recordan os populares que deses 80.000 euros dos que falan só unha cuarta parte é para as rondallas, e o resto é o gasto de organización: aluguer do IFEVI, gradas, limpeza... gastos que ao final repercuten na propia cidade de Vigo. Por iso entende que máis que como un gasto, hai que velo como un investimento que xera riqueza e postos de traballo, tanto nos montaxes do certame, nos autobuses para as rondallas, o vestiario e instrumentos, os honorarios dos mestres, músicos...
Neste sentido, a voceira dos populares e alcaldesa do Concello de Mos manifestou que está disposta a poñer a parte que lle corresponde e financiar as tres rondallas do municipio. Nesta liña, fai un chamamento aos alcaldes para que fagan o mesmo e non deixen de lado ás súas rondallas. “Á presidenta impórtalle pouco, o temos moi claro. Impórtalle pouco a provincia, a cultura, e un largo etcétera... pero aos alcaldes debería importarlles. Por iso fago este chamamento”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213