Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Tui

Xa pode visitarse na Área Panorámica a exposición fotográfica de Miguel Núñez

[Img #22064]A Sala Anexa de Exposicións da Área Panorámica acolle unha mostra da man do fotógrafo Miguel Núñez baixo o título “Illas, náufragos invisibles”. O acto de presentación contou  coa presenza da concelleira de Cultura de Tui, María José González, e do propio fotógrafo.

 

A exposición, que estará aberta ó público ata o 10 de xaneiro, poderase visitar en horario de 10h a 14h e de 17h a 20.30h.

 

Nesta mostra fotográfica Miguel Núñez expresa a sensación de naufragar, xa que somos illas, e en ocasións naufragamos condenados á deriva. Entón é cando aparece algo ou alguén, senón desaparecemos co noso pasado, sen futuro. Segundo o fotógrafo a eles vai dedicado este grito, ós “invisibles”, ós que non lograron salvarse aínda, ós que deambulan ó outro lado da fronteira, de onde non se volta, da sutil liña divisora que te leva a unha vida sen futuro e ausente de horizontes, sen unha táboa á cal aferrarse que te empurra ó naufraxio, á nada que é ser un invisible.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.