O Porriño
A reforma da rúa Servando Ramilo estará rematada antes de finais de ano
O concelleiro de Vías e Obras fixo unha visita á rúa Servando Ramilo, en pleno centro do Porriño, para inspeccionar as obras que se realizan na mesma. Manuel Carrera asegurou que a rúa estará rematada antes de finais de ano, logo dunha actuación “moi complicada” por mor do estreita que é e porque “ao tempo que estaba levantada había que seguir dando os servizos de subministro de auga, alumeado, ou sanemamento.”
O edil, quen cualificou a obra como “moi complexa”, explicou que a mellora de Servando Ramilo abrangue novas canalizacións de pluviais, o soterramento dos servizos de cable, R, subministro de electricidade, ademais da reforma integral do saneamento e a totalidade das conducións de auga.
A rúa, que pode realizarse grazas ao Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM) da Deputación de Pontevedra, respectando a racionalización e sustentabilidade, estará rematada en pedra Rosa Porriño e Albeiro, conservando o estilo do conxunto do casco urbano do centro do concello porriñés.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149