Galicia
As exportacións galegas medran un 10% en outubro con respecto ao mesmo período de 2014
Galicia é a terceira Comunidade autónoma que rexistra un maior crecemento nas súas exportacións no mes de outubro en comparación con hai un ano
![[Img #22093]](upload/img/periodico/img_22093.jpg)
As exportacións galegas medraron nun 10% o pasado outubro en comparación co mesmo mes do ano anterior, sendo a terceira Comunidade autónoma que alcanza a mellor cifra do Estado. Segundo os datos que hoxe fixo públicos o Ministerio de Economía e Competitividade, entre xaneiro e outubro de 2015 as exportacións galegas subiron un 4,9% con respecto ao mesmo período do ano anterior ata superar os 15.775 millóns de euros.
Galicia non só supera as exportacións de 2014, senón as do mesmo período de 2013 nun 3,3 por cento, mantendo as cifras de récord histórico.
Os datos, ademais, amosan o tirón exportador da industria galega, e así, entre xaneiro e outubro as vendas ao exterior no sector téxtil aumentaron nun 13,2% máis que en 2014; na automoción nun 4,4%; e na metalurxia nun 3,9%.
No tocante á balanza comercial, Galicia conta entre xaneiro e outubro deste ano cun saldo positivo que aumenta nun 19,6%, fronte á media do conxunto de España, que representa un déficit de máis de -20.530 millóns. Se temos en conta o saldo da balanza comercial de Galicia en outubro en comparación co mesmo mes de 2014 o incremento é do 52,4 por cento.
Neste eido, o Goberno galego puxo este ano en marcha a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020, á que destina 50 millóns de euros para os anos 2015 e 2016 e coa que se busca incrementar as exportacións en máis dun 25% ata 2020, e facer de Galicia un foco de atracción de investimentos especializado en sectores e países concretos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149