MOS
O conselleiro Francisco Conde recibe a alcaldesa de Mos para abordar as políticas locais de emprego de cara ó ano 2016
Reuníronse onte en Santiago de Compostela xunto ó concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto.
![[Img #22097]](upload/img/periodico/img_22097.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, reuníronse onte en Santiago co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, para abordar as axudas autonómicas recibidas polo Concello de Mos neste 2015 que remata, e as prioridades municipais en materia de economía e emprego de cara ó vindeiro ano 2016.
A Xunta de Galicia concedeulle á localidade mosense este ano preto de 800.000 euros en subvencións para o fomento do emprego repartidas entre os Obradoiros de Emprego “Mellorar Mos” (169.249,15 euros) e “Mos coa Mocidade” (136.083,22 euros), Accións Formativas dirixidas prioritariamente a persoas Desempregradas (59.277 euros), contratacións mediante programas de Cooperación (8.533,33 euros), contratación de persoas preceptoras de RISGA (163.956,45 euros), Programa Integrado de Emprego ‘Mos 3.0’ (216.000 euros) e contratación de persoal técnico para orientación laboral (20.000 euros).
Os representantes municipais manifestáronlle ó conselleiro Conde as preferencias do Concello respecto ós Obradoiros, Plans de Emprego e cursos AFD para Mos durante o vindeiro ano 2016 e abordaron conxuntamente os posibles cambios estructurais, loxísticos e de organización en relación a anos anteriores.
A de onte foi unha xuntanza de traballo eminentemente técnica entre responsables locais e autonómico, na que Francisco Conde aproveitou para trasladarlles as axudas programadas pola Xunta para industria e empresariado de cara ó 2016. Entre ditas axudas atópanse as dirixidas á promoción dos parques empresariais galegos, que se suman á medida do dereito de superficie recentemente presentada pola conselleira Ethel Vázquez en Mos, e que pretenden evitar a deslocalización de empresas en Galicia. Estas axudas son de forte interese para o municipio mosense en xeral e para o Parque Empresarial Mos-Veigadaña en particular.
O conselleiro informoulles tamén de que próximamente se activará unha batería de medidas en materia de fomento do emprego, así como da súa próxima visita ao Concello de Mos para informar de iniciativas de interese para o municipio e para manter unha reunión con empresarios mosenses, encontro no que o conselleiro manifestou moito interese.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115