O Porriño
A piscina municipal permanecerá pechada durante cinco días
O Concello do Porriño informa da “necesidade de realizar unha parada técnica que fará que non se poida usar a Piscina Municipal os días 26, 27,28, 29 e 30 de decembro”.
A intervención nun dos vasos “require o seu valeirado parcial o que implica que a zona de auga non se poderá utilizar debido á necesaria intervención dos obreiros e posterior secado antes de encher de novo o mesmo”.
A sa de cardio e as saunas non estarán afectadas por esta revisión polo que os usuarios poderán utilizalas no horario normal de apertura da piscina, agás os días festivos 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro, nos que, como é habitual, a instalación pecha.
Hai que lembrar que o pasado 1 de outubro a piscina reabriu as súas portas, logo das importantes obras acometidas polo goberno local para acabar coas gravísimas deficiencias ocasionadas pola falla de mantementos da mesma durante anos, o que facía necesario garantir a seguridade dos usuarios da mesma. Baixo os vasos da piscina se atoparon moitos puntos de filtración, entrada de auga e residuos con presenza de estalactitas e estalagmitas, que apuntaba a que as filtracións tiñan moitos anos de antigüidade.
O goberno local aprobou un orzamento de 44.000 € para a impermeabilizar a piscina, levantando a plaqueta e renovando o morteiro que, a causa do seu mal estado e á necesidade da aplicación dunha capa reforzada contra a humidade, atrasou dúas semanas a reapertura da instalación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149