Mos
Mos Axuda reparte 3 toneladas de alimentos entre os máis necesitados
Recaudáronse 3.000 kilos de alimentos destinados a 120 familias que suman un total de 400 persoas
![[Img #22109]](upload/img/periodico/img_22109.jpg)
As concellerías de Participación Cidadá e Política Social, dirixidas polas edís Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, organizaron a campaña anual - que se realiza con motivo do Nadal - de recollida de alimentos e que nesta ocasión enmárcase dentro do plan integral Mos Axuda, recentemente posto en marcha.
Esta campaña ten como obxectivo sensibilizar ós veciños coas familias máis necesitadas do municipio, recollendo entre os primeiros e repartindo entre os segundos alimentos de primeira necesidade sen esquecer os típicos destas datas.
Para levalo a cabo contouse coa colaboración de toda a veciñanza, de toda a comunidade educativa, e por suposto de todos os empresarios que desexaron sumarse a este proxecto, xa foran de Mos ou de concellos limítrofes. As empresas participantes este ano foron Panelfa, Afamsa, Darlim, Uniprosa, Noribérica, Ánfora, Galfrío, O Cruceiro e Frutas Sol.
Cóntouse coa colaboración de Protección Civil de Mos, de voluntarios e da directiva da Asociación Club de Leones de Mos.
Zumba
Os particulares interesados en colaborar coa recollida de alimentos destinados ao proxecto Mos Axuda puidéronos depositar no Belén do Pazo de Mos, ou colaborar pasando un bo rato facendo deporte na Macro Clase de Zumba Solidaria que tivo lugar o pasado sábado, 19 de decembro, ás 20.00 horas no Pavillón Óscar Pereiro; e que tiña como único requisito a doazón dun alimento de primeira necesidade ou típico do Nadal.
A recollida de alimentos finalizou o 21 de decembro e o día 23 procedeuse á entrega dos alimentos ás familias necesitadas, na sede da Asociación Club de Leones de Mos.
Respecto desta iniciativa as concelleiras responsables da mesma, Kely Monzón e Sara Cebreiro, explicaron que “decidimos poñer en marcha novamente esta campaña solidaria tendo en conta o éxito obtido o ano pasado”. E é que gracias a esta iniciativa o Concello de Mos logrou recadar nesta ocasión un total de 3 toneladas de bocados de felicidade entre os máis necesitados. 3.000 kilos de alimentos destinados a 120 familias mosenses que suman un total de 400 persoas.
“Con este programa trátase de garantir as necesidades básicas, en materia de alimentación, (ao longo destas festas), de todas aquelas familias veciñas de Mos con escasos ingresos económicos”, insistiron as edís.
Que é Mos Axuda
Mos Axuda consiste nun plan no que van da man o Concello cos empresarios, asociacións culturais, deportivas e sociais, Protección Civil e dos voluntarios para implementar as prestacións e Servizos Sociais municipais.
Mediante dito plan poténciase o Programa de Axudas de Emerxencia Social, dotándoo de maiores recursos económicos, así como habilitando unha partida específica para as Axudas de Emerxencia Social da Infancia (lentes, axudas dentais,...).
Ademais, incluído tamén en Mos Axuda, creouse o servizo de Armario e Banco de Alimentos Municipal, brindando deste xeito o apoio ás necesidades sociais e humanas, converténdose este servizo nun referente de axuda ao cidadán en situación de desamparo. Este servizo está moi apoiado na rede solidaria Mos Axuda, ó ser fundamental a colaboración de empresas, entidades/asociacións de carácter local, particulares, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115