Miércoles, 08 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Diciembre de 2015 Tiempo de lectura:
Mos

Mos decreta tres días de loito polo presunto asasinato dunha veciña en Tameiga

Hoxe pola tarde celebrarase un Pleno do Concello, será en sesión extraordinaria urxente, que terá lugar no Salón de sesións do Concello de Mos, ás 19:00 horas.

 

Na sesión realizarase una Declaración Institucional de repulsa e condena ante o presunto asasinato de M. R. B., veciña de Tameiga, no día de onte, así como “do resto de mulleres asasinadas por violencia de xénero”. Así mesmo decretaranse tres días de loito (31 de decembro e 1 e 2 de xaneiro).

 

Despois do Pleno haberá unha concentración silenciosa na Praza do Concello en repulsa do crime.

 

Os feitos

 

Esta madrugada  un veciño de Mos foi detido tras aparecer morta a súa parella, ao parecer o home dixo que se atopou co cadáver na cociña cando regresou á súa casa, situada na rúa Rans, na parroquia mosense de Tameiga.

 

Os membros da Garda Civil investigan os feitos e, no caso de confirmarse que se tratase dun novo caso de violencia de xénero, pecharía un ano no que elevaríanse a sete as vítimas mortais en Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.