Galicia
A Xunta manifesta a súa máis enérxica repulsa polo acto de violencia que acabou coa vida dunha muller en Mos
A Garda Civil detivo ao marido da vítima e de confirmarse a súa autoría este sería o sétimo caso de morte por violencia machista en Galicia no que levamos de ano
A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica repulsa polo asasinato de M.R.B, unha muller de 69 anos de idade, que onte apareceu morta no seu domicilio de Mos (Pontevedra) con evidentes signos de violencia.
Aínda que a investigación continua aberta, a Garda Civil detivo ao marido da vítima como presunto autor dos feitos e desde a Delegación do Goberno en Galicia apuntan que podería tratarse dun posible novo caso de violencia de xénero. De confirmarse, este sería o sétimo caso de falecemento por violencia machista en Galicia no que levamos de ano.
O Goberno galego reitera o seu apoio ás vítimas deste tipo de actos violentos e pídelle a todas as galegas e galegos inconformismo para rebelarse contra esta repudiable lacra, considerada como un problema público e social de primeira magnitude.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149