Mos
Mos aproba provisionalmente o seu Plan Xeral
A alcaldesa, Nidia Arévalo, califica a de onte coma unha data histórica tras 12 anos de andadura
![[Img #22155]](upload/img/periodico/img_22155.jpg)
Onte aprobouse provisionalmente na sesión ordinaria do mes de decembro do Pleno do Concello de Mos o Plan Xeral de Ordenación Municipal mosense. Sobre este documento a alcaldesa, Nidia Arévalo, declarou que “é o mellor PXOM que Mos podería ter, porque nel se tiveron en conta ós veciños” e informou de que, tras esta aprobación provisional, as alegacións presentadas contestaranse unha por unha.
A rexedora asegura sentirse orgullosa de ter aprobado “o mellor Plan que Mos podía ter”. Ademais informou de que “se trata dun documento consensuado cos veciños, pois preto do 70% das alegacións foron aceptadas e foi levado e explicado por técnicos municipais de Urbanismo polas dez parroquias, para que tódolos habitantes do Concello tivesen acceso a el, puidesen coñecelo e comprendelo”, explicou.
Presentáronse un total de 1.857 alegacións das cales máis de 1.100 foron estimadas favorablemente.
Outro dato “que demostra que se trata dun Plan Xeral que se fai eco das demandas do veciños e veciñas de Mos é que no caso do núcleo das Pozas rebaixouse a edificabilidade para que os núcleos rurais poidan medrar máis”. “Percatámonos de que a maior preocupación da poboación mosense era a expansión dos núcleos rurais, pois os veciños de Mos desexan continuar a vivir en vivendas unifamiliares e non en edificios de pisos, por iso aínda que o casco urbán nas Pozas vai existir igualmente, terá un crecemento máis lento e de xeito menos explosivo; tal e como os propios veciños solicitaron”, insiste Arévalo.
“Das 1.857 alegacións presentadas, 1.700 foron solicitando a ampliación de núcleos rurais” aseguran nun comunicado emitido dende o Concello.
![[Img #22154]](upload/img/periodico/img_22154.jpg)
A alcaldesa asegura que “este é o Plan de Mos, o que queren os seus veciños, e que era necesario aprobalo canto antes”. Síntese satisfeita ademais de ter podido rematar o presente ano 2015 aprobando o orzamento municipal para o 2016 e o PXOM. “É a mellor forma posible de rematar o ano”, di. Ademais aproveitou para informar de que as alegacións feitas polos veciños contestaranse unha por unha.
Arévalo calificou a de onte como unha “data histórica” pois “tras 12 anos de andadura, dende o 2003, logramos aprobar o Plan Xeral que tanto precisaba Mos”, dixo. Agradeceulle así mesmo todo o traballo feito ós técnicos municipais, ó equipo redactor, á concelleira de Urbanismo e Medio Ambiente, Julia Loureiro, e ós grupos políticos da Corporación Municipal mosense, PSOE e BNG, que participaron neste longo proceso.
O documento do Plan Xeral estivo os pasados días 21, 22, 23, 28, 29 e onte 30 de decembro, a disposición dos veciños e veciñas no semisoto do edificio de Urbanismo (de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas) e o día 26 de decembro, sábado, en horario de mañá de 9 a 13 horas, para as oportunas consultas.
O PXOM en cifras
O Plan Xeral mosense trátase dunha ferramenta áxil e actualizadas que inclúe 5.782 novas vivendas e contempla o crecemento dos núcleos pasando de 39 a 119. Ademais inclúe mellora dos viais, creación de novos eixos, mellora de servizos e aumento de espazos libres, xardíns e equipamentos.
Haberá máis de 322.000 metros cadrados de novos espazos dotacionais, máis de 86.000 metros cadrados de novas infraestruturas, máis de 401.000 metros cadrados de novos espazos libres e máis novas zonas verdes.
Mellórase e organízase o solo industrial mosense e créanse novos solos urbáns terciarios para dinamización do comercio.
Tense en conta a conservación da paisaxe coa protección das serras do Galiñeiro e do Galleiro e coa potenciación das áreas de alto poder ecolóxico especialmente no río Louro. E recupérase o patrimonio cultural e arqueolóxico gracias á inclusión dun catálogo no que se inventarian os bens patrimoniais mosenses e para cuxa elaboración contratouse a un arqueólogo especializado.
Por parroquias destacar que en Dornelas inclúense 109 novas vivendas en núcleo rural, en Petelos 369 pasando de 6 a 8 os núcleos rurais existentes, en Torroso pásase de 8 a 18 núcleos rurais, en Guizán pásase de 4 a 7 núcleos rurais que supoñen 490 novas vivendas, en Louredo pásase de 5 a 15 núcleos rurais, en Mos pásase de 5 a 13 núcleos rurais, en Cela pásase de 6 a 19 núcleos rurais que implican 347 novas vivendas, en Tameiga inclúense 495 novas vivendas nos núcleos rurais, en Pereiras 301 novas vivendas nos núcleos rurais e en Sanguiñeda 354 novas vivendas nos núcleos rurais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56