Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 04 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos entrega os premios do seu concurso Infantil de Postais de Nadal

O acto celebrouse esta mañá na Biblioteca Municipal

[Img #22177]

 

A concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, entregou hoxe na Biblioteca os premios ós vencedores do Concurso Infantil de Postais de Nadal que resultaron ser, na Categoría I de 3 a 5 anos, Mario Seijo Domínguez de 5 anos de idade; na Categoría II de 6 a 8 anos, Aldara López Rodríguez de 7 anos de idade; e na Categoría III, de 9 a 12 anos, Alba Ucha Serra de 11 anos de idade. Ademais dos premios das tres categorías existentes, este ano incluíuse no concurso unha mención especial por orixinalidade, acadada por André Vilas Ledo de 9 anos. Os catro recibiron como premio un lote de libros e un diploma. O acto de entrega de premios consistiu nun evento-espectáculo de animación e maxia a cargo do Gran Mago Moroco.

 

En total participaron na presente edición do Concurso de Postais de Nadal 74 nenos e nenas repartidos do seguinte xeito segundo as categorías existentes: 14 participantes na Categoría I de 3 a 5 anos, 30 participantes na Categoría II de 6 a 8 anos, e 30 participantes na Categoría III de 9 a 12 anos. Foron 19 participantes máis que na edición deste mesmo concurso celebrada o pasado Nadal.

 

A edil de Cultura do Concello de Mos, Sara Cebreiro, declaraba esta mañá sobre o concurso que “dende a Biblioteca Municipal quixemos aproveitar esta época tan marabillosa do ano para potenciar a creatividade dos nosos escolares e sobre todo fomentar a lectura e a escritura nos nosos cativos poñendo en marcha o tradicional Concurso de Postais de Nadal Concello de Mos”, explicou a concelleira Cebreiro.

 

As características que debían cumprir as postais dos nenos participantes para poder entrar en concurso foron as seguintes: podía ser en galego ou en castelán, podíaselle engadir ademais de debuxo todo tipo de ilustracións, fotos, etc.; podíanse empregar os materiais que se desexasen: ceras, lapis, bolígrafos, rotuladores, telas, recortes, etc.; o tamaño non podía exceder dun folio tamaño A4 por un só lado, e a medida mínima era de medio folio A4 por un só lado; en relación ao tema, os pequenos podían engadir tamén unha frase na postal, que podía ser un desexo que non fora de carácter material ou expresando que lles gustaría que cambiase no seu contorno cotián, dos amigos/as, familiares, na escola, dos pais, etc.; e, por último, a postal debía ser obra do/a propio/a neno/a, que debía incluir ao final, como mínimo, o seu nome, idade, enderezo e teléfono de contacto (só se aceptou unha postal por persoa).

 

O xurado do concurso estivo composto por diferentes técnicos/as municipais dos departamentos de Cultura, Educación e Política Social, que valoraron a calidade e orixinalidade das postais, así como os seus valores positivos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.