Mos
Nenos mosenses de familias usuarias dos servizos sociais municipais recibiron onte o seu agasallo de Nadal de mans dos Reis Magos
![[Img #22178]](upload/img/periodico/img_22178.jpg)
Os nenos e nenas con menos posibilidades económicas do Concello de Mos recibían onte pola tarde no auditorio do Multiusos das Pozas, un agasallo por Nadal das mans das mismísimas maxestades os Reis Magos de Oriente. Serán sobre 70 cativos mosenses os beneficiarios.
O sorriso destes cativos foi posible grazas á colaboración de AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, e da Iniciativa “Elfos y Calcetines”. Os empresarios mosenses levan colaborando co Concello dende o ano 2001 para que ningún neno de Mos quede sen o seu agasallo por Reis. Precisamente esta mañá os concelleiros Sara Cebreiro e Luis Alonso recibían na sede dos empresarios e de mans do xerente de AEMOS, Francisco Domínguez, os presentes que cada ano doan altruístamente para os pequenos das familias máis necesitadas do Municipio.
Por outra banda atópase a iniciativa solidaria “Elfos y Calcetines”, que está dirixida por unha veciña de Sanguiñeda, Lala Dóniz.
Lala Dóniz é a promotora da campaña “Elfos y Calcetines”, que conta coa colaboración de administracións locais e ONG’s, co fin de que, todos os cativos de Galicia e tamén de Sevilla (case 2.000 cativos beneficiarios), reciban alomenos un dos agasallos que piden por Nadal.
A esta altruísta veciña, que se mostra moi agradecida pola resposta da xente á súa campaña, só lle queda no corazón a espiña de que os veciños do seu municipio, non se involucren máis nunha causa que leva tan claramente o selo de Mos.
“Elfos y Calcetines”
O sistema de funcionamento de “Elfos y Calcetines” consiste en que a cada Elfo, -voluntario colaborador-, se lle asigna un Calcetín, -neno ou nena beneficiario desta iniciativa solidaria-. Cada pequeno escribe a súa carta cunha lista de agasallos, ou cun só, como desexe, con prezos comprendidos entre os 25 e 30 euros para evitar que uns reciban máis que outros; cada carta identifícase cun código para preservar a identidade do menor remitente (os Elfos non son coñecedores dos datos persoais dos cativos) e fáiselle chegar ó Elfo correspondente, que se encarga de mercar o agasallo e facelo chegar a un dos 45 Puntos Elfo de recollida existentes, que son establecementos comerciais que se adscribiron como colaboradores a esta campaña solidaria. Unha vez nos puntos de recollida, os agasallos son novamente recolectados e distribuídos polas entidades, organismos e administracións colaboradores (que no caso de Mos é o Concello), para proceder ó seu reparto entre os nenos Calcetíns beneficiarios.
Para máis información sobre esta iniciativa ou colaboración coa mesma os interesados poden visitar o seu perfil de Facebook, a páxina web ou escibir un correo electrónico ó enderezo elfosycalcetines@gmail.com

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101