O Porriño
A Policía Autonómica tramitou no 2015 un total de 538 denuncias por infrinxir a Lei de prevención de bebidas alcólicas en menores
Do total das denuncias, 226 foron a establecementos pola venda e subministro de alcol a menores, e 312 a menores de idade por consumo de alcol
O Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo durante o ano pasado un total de 5.009 inspeccións á establecementos, das que derivaron un total de 538 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcólicas en menores de idade.
Do total de denuncias tramitadas, 226 foron á establecementos, pola venda e subministro de alcol á menores de idade, permitir a entrada ou estancia de menores no seu interior, nos casos en que non está permitida e nas promocións e happy hours ou nas ofertas ou promoción á baixos prezos das bebidas alcohólicas que incitan a un consumo abusivo. Tamén as infraccións en tema de carteleira, sobre a sinalización da prohibición de subministro de alcol á menores. Hai que destacar que do total das denuncias tramitadas, 312 foron a menores de idade por consumo de alcol no interior de establecementos ou na vía pública. Todas as denuncias efectuadas foron tramitadas ante a Consellería de Sanidade para continuar co expediente sancionador.
Na provincia da Coruña leváronse a cabo 2.694 inspeccións que derivaron en 190 denuncias,das cales 94 foron a establecementos e 96 a menores. Na provincia de Lugo fixéronse 1.259 inspeccións, cun total de 160 denuncias, 68 á establecementos e 92 á menores. Na provincia de Ourense houbo un total de 672 dispositivos que derivaron en 64 denuncias, 15 á establecementos e 49 á menores, e finalmente na provincia de Pontevedra, a Policia Autonómica levou a cabo 384 inspeccións, co resultado de 124 denuncias, das cales 49 foron a establecementos e 75 a menores.
Co motivo da entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcólicas aos menores de idade, por parte da Policia Autonómica, estanse a levar a cabo diversos dispositivos por toda a Comunidade Galega, para velar polo seu cumprimento e previr o consumo deste tipo de bebidas en menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o seu cumprimento e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.
Dispositivos nas catro provincias
Os concellos nos que se levaron a cabo os dispositivos foron Abadín, Ames, Antas de Ulla, Arteixo, Arzúa, Baiona, Baralla, Barbadás, Becerreá, Begonte, Betanzos, Boimorto, Bergondo, Boiro, Boqueixón, Brión, Burela, Caldas de Reis, Camariñas, Cambados, Cambre, Cangas, O Carballiño, Carballo, Castro de Rei, Castroverde, Cee, Celanova, Cervo, Chantada, O Corgo, A Coruña, Cospeito, Covelo, Culleredo, Dodro, Dumbría, Fene, Ferrol, A Fonsagrada, Fisterra, Foz, Frades, Friol, Gondomar, O Grove, A Guarda, Guitiriz, Guntín, Lalín, Láncara, Lugo, Marín, Maside, Mazaricos, Melide, Miño, Moaña, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Mos, Muros, Muxía, Narón, Navia de Suarna, Negreira, Nigrán, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Ourense, Padrón, Palas de Reis, Paradela, O Pino, Pobra de Trives, Pobra do Caramiñal, Poio, Pol, Ponteareas, Pontevedra, Pontedeume, O Porriño, Porto do Son, Portomarín, Quiroga, Rábade, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Ribeira, Rois, O Rosal, A Rúa, Sada, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Silleda, Soutomaior, Teo, Tordoia, Touro, Trazo,Tui, Val do Dubra, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Vimianzo,Viveiro, Xermade e Xinzo de Limia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149