Domingo, 05 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 06 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos aproba en Pleno unha moción para instar á Deputación a celebrar o “Certame Concurso de Rondallas”

Pídese que non se faga desaparecer un elemento cultural propio da provincia de Pontevedra

[Img #22201]

 

O Grupo Municipal do Partido Popular de Mos, levou ao Pleno ordinario da Corporación Municipal do pasado 30 de decembro, unha moción, que foi aprobada, para instar ó goberno da Deputación de Pontevedra a celebrar o “Certame Concurso de Rondallas” e non facer desaparecer un elemento cultural propio da provincia de Pontevedra. 

 

O novo goberno da Deputación Provincial de Pontevedra tomou a decisión de non celebrar o tradicional “Certame de Rondallas” que esta institución organiza dende 2010, data na que a administración que anteriormente realizaba este evento, o Concello de Vigo, decidiu anulalo despois de 34 edicións.

 

O “Certame de Rondallas” é unha data sinalada no calendario dos máis de 1.500 rondalleiros e rondalleiras, e tamén para as preto de 12.000 persoas que cada edición enchen o IFEVI.

 

“Moi poucos eventos en toda Galicia poden presumir de acadar semellante éxito e seguir crecendo ao longo dos anos, e isto débese a que as rondallas son un símbolo de identidade propia desta provincia. Son parte do raigame da nosa cultura, na que participan multitude de persoas de tódolos ámbitos, dende mestres e músicos profesionais, ata afeccionados de tódalas idades que atopan nelas a forma de achegarse á cultura popular dende a paixón que senten por formar parte dunha rondalla cada tempada” aseguran.

 

O Concello de Mos, “institución que defende a música e a cultura en xeral, e ás súas rondallas en particular”, pídelle por tanto de forma firme á Deputación, mediante a aprobación desta moción, que “rectifique e continúe a celebrar o Certame–Concurso, e que a desorganización coa que se afrontou o evento este ano non se volte a repetir, xa que denota unha gran falla de respecto cara ós rondalleiros é rondalleiras”, tal e como declaraba a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, na última sesión plenaria ordinaria do ano 2015 celebrada a semana pasada no Pazo de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.