Galicia
Galicia pecha 2015 con 23.110 persoas desempregadas menos que hai un ano
A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou que na evolución interanual o paro rexistrado descendeu nun -9,17%
Galicia pechou 2015 con 23.110 persoas desempregadas menos que en decembro de 2014. Así o destacou onte a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, quen sinalou que o paro rexistrado na evolución interanual —de decembro a decembro— descendeu nun -9,17%.
Isto supón un comportamento mellor que a media do Estado, xa que Galicia baixa 1,21 puntos máis que España, que pechou o ano cunha baixada de -7,96%. Grazas a esta evolución, Toca afirmou que “a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de decembro de 2010, é dicir, de hai 5 anos”.
Galicia mantén esta boa evolución interanual do paro rexistrado, pese a que no dato intermensual (decembro con respecto a novembro) medra nun 1,6%. Neste senso, a secretaria xeral de Emprego explicou que decembro é un mes no que se producen ascensos do paro rexistrado durante toda a serie histórica, é dicir, en todas as estatísticas publicadas desde 1996, factor que tamén ten que ver con que o turismo nesta época do ano en Galicia non ten impacto sobre a creación de emprego como noutras comunidades, como poden ser Cataluña, Madrid, Canarias e Andalucía.
Con respecto aos datos por provinciais, ao peche de 2015 todas reduciron o numero de persoas desempregadas. A Coruña rexistrou unha baixada con respecto ao 2014 de -9,38%; Lugo un descenso de -9,01%; Ourense un -7,63% e Pontevedra baixou un -9,43%.
Ademais, Toca afirmou que desde novembro de 2013 é a vixésimo sexta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado que experimenta a nosa Comunidade, ao tempo que sinalou que “por terceiro ano consecutivo logra reducirse o paro nun mes de decembro de xeito interanual”. De feito, a redución deste ano é a maior das tres producidas. Cómpre destacar, así mesmo, que esta redución interanual é a maior de toda a serie histórica en termos absolutos e a terceira en termos relativos.
Na evolución dos contratos, é preciso sinalar que Galicia pecha o ano con 9.552 contratos máis, o que supón un incremento do 16,16%. No conxunto do Estado, a subida foi dun 15,23%. A afiliación interanual aumenta en Galicia nun 2,12%, isto é, 19.641 afiliacións máis. Xa son 21 subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva en termos de afiliación á Seguridade Social. Isto, segundo destacou Toca, quere dicir que o crecemento estase a consolidar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149