Galicia
O CAE 112 Galicia rexistrou, ata este momento, 66 incidencias causadas pola meteoroloxía adversa
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou, entre as 06:00 e as 12:00 horas desta mañá, un total de 66 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa. A caída de pólas e árbores sobre estradas secundarias e principais da rede viaria galega ocupou o maior número de intervencións –un total de 33-, seguido de bolsas de auga en estradas e caída de sinais e cartaces sobre as vías.
Así e todo, non se rexistraron graves complicacións na circulación. Iso si, o CAE 112 Galicia tivo constancia esta mañá do anegamento da N-120 ao paso por Ponteareas, no lugar de Freixa, debido á crecida do río Tea, segundo informaron os Bombeiros da localidade. Igualmente, en Cuntis, unha vivenda quedou anegada por mor das chuvias na rúa Bernardo Sagasta. Os efectos das alertas laranxas por choivas -decretada para o interior da provincia de Pontevedra- e ventos en terra e no litoral galego están a notarse, principalmente, na franxa atlántica.
Así, Pontevedra é a provincia máis afectada, con 35 incidencias, seguida de A Coruña, con 15 intervencións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149