Martes, 30 de Septiembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 07 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión entre un camión e tres turismos na N-120 en Ponteareas

Un total de cinco persoas foron trasladadas a un centro hospitalario polos servizos sanitarios de urxencia tras resultar feridas nun accidente de tráfico que tivo lugar esta mañá na N-120, á altura da parroquia de Areas, no concello pontevedrés de Ponteareas. Unha das persoas que viaxaban nun dos turismos sinistrados tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Ponteareas, tras quedar atrapada por mor da colisión.

 

Os efectivos do parque comarcal, alertados polo 112 Galicia, tamén interviñeron na limpeza da vía. Foron varios os particulares que chamaron ao CAE 112 Galicia solicitando axuda ao fío das 10:00 horas de hoxe. Así, púxose en marcha un operativo no que participaron Urxencias Médicas, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Ponteareas.

 

Ferida a conductora dun turismo no Porriño

Por outra banda, unha media hora máis tarde, en O Porriño, a condutora dun turismo resultaba ferida nunha colisión contra un camión. Neste caso, a colisión produciuse na A-55, no punto quilométrico 14, cando circulaban en sentido Tui. Os Bombeiros de Porriño, alertados polo 112 Galicia, encargáronse da limpeza dunha vertedura de gasóleo derramada sobre a vía. Ademais, ao lugar do accidente acudiron os técnicos de Urxencias Médicas, os membros de Protección Civil de Porriño e os axentes de Tráfico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.