Galicia
Galicia rexistra nas últimas horas preto de 400 incidencias por mor da meteoroloxía adversa
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou dende as 06:00 da mañá de onte ata as 08:00 horas desta mañá un total de 381 incidencias provocadas pola meteoroloxía adversa. A maior parte das intervencións rexistráronse na provincia da Coruña, cun total de 203.
En Pontevedra xestionáronse 120, mentres que Lugo e Ourense apenas se viron afectadas con 32 e 25 incidencias respectivamente. A caída de árbores e pólas en estradas foi a incidencia máis repetida (86 incidencias), mentres que os anegamentos en estradas (54) e bolsas de auga en vías (36) tamén tiveron unha importante presenza. Así, a crecida dos ríos centrou boa parte das incidencias que o CAE 112 Galicia rexistrou nas últimas horas. Así, en Narón, os axentes da Policía Local confirmaron ao persoal do 112 Galicia que o Río Castro desbordara ata en dez puntos distintos do municipio. Isto motivou a chamada ao 112 de varios veciños que falaban de anegamentos en estradas locais e incluso dalgunha vivenda situada en San Martiño do Couto. Tamén, en Viveiro, as forzas da orde procederon a cortar a LU-161 debido ao aumento do caudal do Río Landro.
O Agra, entre os concellos de Portas e Caldas de Reis, creceu ata tal punto que os servizos de emerxencias de ambas as dúas localidades prohibiron a circulación en varias estradas municipais. Igualmente, en Valga, o desbordamento do río Louro obrigou a cortar á circulación varias pistas do concello e a pechar dous pasos subterráneos baixo a vía do tren. Pese a iso, confirmaron que ningún pobo estaba illado: os veciños dispoñían de vías de comunicación alternativas. Complicacións no tráfico tamén as houbo en Coristanco, concretamente, na DP-1911, as inundacións obrigaron a varios condutores a dar volta.
Nesta mesma situación víronse conductores na PO-510 en O Porriño, ou mesmo no casco urbán de Vigo, na rúa Nigrán. En Santa Comba, ao final da Rúa Outeiro, o condutor dunha camioneta precisou axuda para abandonar o vehículo posto que a auga alcanzaba a altura da fiestra. Outras vías resultaron anegadas, por exemplo, túnel de Juana de Vega e na circunvalación en dirección á Universidade, na Coruña, onde, ademais, houbo un desprendemento que provocou unha fochanca. O 112 Galicia xestionou, ademais, unha trintena de incidencias relacionadas con anegamentos en vivendas.
Así, recibíronse chamadas procedentes de Pontecaldelas, onde un particular aseguraba que a auga no interior da súa vivenda alcanzaba o medio metro de altura. Igualmente, nos concellos de Betanzos, A Coruña, Pontecaldelas, Cangas, Gondomar e Vigo varios particulares alertaron de situación similares nas súas vivendas. Por fortuna, non se rexistraron danos persoais provocados por mor das intensas chuvias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149