Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Lunes, 11 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Delegación da Xunta en Vigo acolle o 22 de xaneiro unha xornada dirixida a profesionais do mundo da saúde e do dereito

Baixo o nome ´Aspectos prácticos da responsabilidade profesional´, o evento permitirá compartir e transmitir coñecementos fundamentais e actuais cada vez máis necesarios no ámbito da Responsabilidade Profesional.

[Img #22266]

 

A Delegación Territorial da Xunta en Vigo acollerá o vindeiro día 22 de xaneiro a xornada ´Aspectos prácticos da responsabilidade profesional´ dirixida a profesionais do mundo da saúde e do dereito.

 

Esta semana, o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a directora da xornada, a médico forense titular do Imelga na Subdirección Territorial de Vigo, Noemí Morte, presentaron o programa da xornada que se levará a cabo durante todo o día no salón de actos do edificio administrativo.

 

López-Chaves gabou a celebración da xornada por tratar un tema de “especial relevancia” no que se refire á transcendencia que ten “dende o punto de vista profesional, xurídico e médico”, considerou. Coma explicou a organizadora, o evento foi demandado dende hai tempo por profesionais do mundo da saúde e do dereito co obxectivo de compartir e transmitir os coñecementos fundamentais e actuais que se necesitan cada vez máis no ámbito da Responsabilidade Profesional. Segundo Morte, na súa traxectoria profesional, observou unha “ausencia ou escaseza de coñecementos médico legais e xurídicos” sobre todo no persoal sanitario e, deste feito, é de onde xorde esta actividade formativa que espera que sexa “a primeira de moitas”.

 

Trátase así dunha xornada “pioneira” que é a primeira vez que se celebra en Galicia contando cun total de 10 relatores de “primeiro nivel” nacional e internacional e altamente experimentados. Especificou, por exemplo, a participación do xefe do servizo de Clínica Forense do Instituto de Medicina Legal de Jaén, o doutor Ángel Hernández Gil, que comezará os relatorios tras o acto de inauguración ás 9.00 horas ou a presenza da profesora titular de Medicina Legal da Universidade de Zaragoza e Deputada das Cortes en Aragón, a doutora Dolores Serrat Moure. “Teñen unha gran transcendencia a nivel nacional e internacional e fixemos un gran esforzo para que estean aquí e expliquen os campos de traballo actuais en España e en Europa”, informou a directora da xornada.

 

A partires de aí, tomarán parte outros xuíces, médicos e avogados para contar tamén, á primeira hora da tarde, coa intervención do xefe do servizo de Clínica Forense do Instituto de Medicina Legal de Cataluña, o doutor Amadeo Pujol, e a celebración dunha mesa redonda na que participará a fiscal xefe de Vigo, Susana García-Baquero.

 

Deste xeito, e coma apuntou López-Chaves, a xornada ten especial interese para médicos, fisioterapeutas, enfermeiras, odontólogos, farmacéuticos, avogados ou outros profesionais do dereito. A inscrición é gratuíta, estará aberta ata o mesmo día da xornada e pode formalizarse a través da web http://www.gestinvest-medical.es/contacto/nova venta, na dirección de correo electrónico jornadaresponsabilidadprofvigo@gmail.com ou no teléfono 639.331.412.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.