PROVINCIA
As brigadas provinciais actúan en máis de vinte emerxencias nas estradas provinciais na mañá de hoxe
Os operarios da Deputación de Pontevedra tiveron que sinalizar ás 11 horas o corte da ponte da vía entre Riofrío-Borbén en Mondariz debido a que a auga do río pasaba por riba da construción.
As brigadas de mantemento das vías da Deputación de Pontevedra levan traballando a pleno rendemento dende primeiro de ano a causa do mal tempo. Dende as 5:30 horas de hoxe sucedéronse preto de 20 avisos por emerxencias chegados dende o 112, dos concellos e de persoas particulares a causa de desprendementos, asolagamentos, arrastres de terras, caídas de árbores, desbordamentos de taxeas e outras problemáticas na rede provincial de estradas. A maiores do traballo ordinario de mantemento e vixiancia, só nos primeiros oito días de ano contabilizáronse preto de 60 emerxencias, unha cifra récord tendo en conta que o exercicio de 2015 se pechou con 367.
O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, estivo durante toda a mañá pendente da situación, constatando a correcta coordinación dos operarios que atenderon os diferentes problemas creados por vento e chuvia e que facían moi perigoso o tránsito polas vías de titularidade provincial. Benítez destacou o gran traballo das oito brigadas que se esforzaron para intentar que a circulación fose o máis segura posible a pesares das inclemencias meteorolóxicas, desdobrándose incluso para atender diferentes partes a un mesmo tempo.
Zona Sur
A emerxencia máis salientable durante a mañá de hoxe foi o corte da ponte da EP-4301 entre Riofrío-Borbén (Mondariz), á altura da farmacia, xa que a auga do río pasaba por riba da construción. Os operarios non puideron facer máis que sinalizar o corte da vía -sobre as 11 horas- para que vehículos e viandantes evitaran o risco de achegarse á zona.
Toda a zona Sur da provincia estivo gravemente afectada pola chuvia e o vento. As dúas brigadas da área tiveron que ser apoiadas por outra da zona Centro debido á gran cantidade de intervencións. A primeira das chamadas do 112 pola mañá debeuse á existencia de ferros dunha carpa ocupando a estrada entre Areas-Alxán-Cabreira en Ponteareas, traballo que levou aos operarios provinciais máis dunha hora e media de tempo. Despois foi preciso que a brigada se desprazase ata Pazos de Borbén pola entrada de auga da estrada EP-2702 (Amoedo-Os Valos) nunha vivenda. Acto seguido houbo que acudir a Ponte Caldelas por unha bolsa de auga na EP-0201 Ponte Caldelas-Barbudo. Seguiron despois outras advertencias por máis acumulacións de auga e barro na calzada na EP-5005 entre A Cañiza-Pousa, na zona de Cota.
Outra brigada tivo que que acudir a Gondomar debido ao afundimento da estrada entre Gondomar-Chaín-Morgadanes (EP-2302), onde se fixo un traballo provisional de tapado e a correspondente sinalización. A mesma brigada desprazouse despois ao concello de Nigrán debido a que o vento tirou un carballo de grandes dimensións deixando cortada ao tránsito a EP-2102 entre Nigrán-Vincios (actuación na que se seguía traballando cando se pechou esta nota de prensa).
As vías provinciais do municipio de Ponteareas tamén se viron seriamente afectadas polo mal tempo. Ás 10.32 da mañá o 112-SOS Galicia advertiu dun desprendemento de terras que cortaba toda a estrada de subida ao núcleo de Couso, na vía que une esa zona con Confuco (EP-4003). Con poucos minutos de diferenza o servizo de emerxencias tamén advertía de bolsas de auga na estrada provincial entre Ponteareas e As Neves, no punto quilométrico 9,5, así como no seu paso por Salvaterra de Miño, nunha zona de curva ( Meder) que facía moi perigoso o tránsito de vehículos.
Os avisos seguían sucedéndose ao longo da mañá. Os últimos foron por un muro caído no concello de Oia, na EP-2202 entre Baiona e Lourezá; pola entrada de auga nun garaxe debido a unha taxea atrancada na estrada entre San Benito e Domaio no concello de Moaña; e pola presenza de terras e pedras na calzada da EP-9201 entre Sanxenxo-Bordón-Samieira (ás 12:56).
Zona Centro
Por outra banda, na zona Centro da provincia, as brigadas tiveron que actuar no concello de Moaña, xa que o 112 deu alerta ás 5.18 horas da mañá dunha árbore caída en Ponte da Fraga, na vía entre Meira e Fraga. O traballo requeriu de case tres horas de actividade para retirar toda a madeira que impedía o tránsito. Posteriormente houbo outra emerxencia en Ribadumia, ao estar a estrada entre Muiños Novos-Tabueiros anegada á altura de Pontearnelas. Alí os operarios estiveron traballando durante case dúas horas.
A seguinte actuación fíxose en Vilaboa. Dende o goberno local deuse aviso de que o regato da EP-002 entre Marco-Tomeza-Figueirido (Río de Bois) estaba a punto de desbordar por atranco das tubaxes existentes. Outra actuación, neste caso por perigo de asolagamento de vivendas, foi necesaria no concello de Cangas, na zona de Pinténs (EP- Hío-Vilanova), xa que as bolsas de auga da calzada estaban desprazándose cara domicilios de veciños do lugar.
Xa no concello de Catoira, foi preciso actuar tamén por bolsas de auga que inundaban un baixo dunha vivenda na EP-8702 entre Catoira-Torres do Oeste, así como no punto quilométrico catro na EP-8001 entre Caldas-Carracedo-Catoira.
A zona Norte de Pontevedra non rexistrou tantos problemas na rede provincial de estradas, se ben as brigadas fixeron percorridos polas vías solucionando cuestións de menor embergadura. O 112 só rexistrou unha alerta por unha árbore caída en A Golada, na EP-6302 entre Berredo e Brantega.
Case 60 alertas en 2016
No que vai de ano o mal tempo non deu unha tregua. Se ben o día de hoxe está a ser especialmente complicado, nas xornadas anteriores tamén houbo unha intensa actividade por parte das brigadas a causa das inclemencias metereolóxicas, chegando case ás 60 alertas.
A zona Centro acumulou 14 intervencións de emerxencia. Unha das que requiriu máis traballo foi a eliminación dunha bolsa de auga na tarde de onte no concello de Cotobade, na zona da Groxa (EP-0405 Xesteira-Almofrei) onde a brigada estivo case oito horas e precisou dun camión góndola e dunha retroexcavadora ademais de catro operarios para deixar operativa a vía.
A brigada tamén actuou en varios puntos da EP-0017 Bao -Campañó, no termo municipal de Pontevedra, debido a bolsas de auga a carón da rotonda da vía rápida, canos atrancados e sinais a punto de caer. Acudiuse tamén á estrada de Xeve-Amil-Espedregueira por desbordamentos de auga na estrada e á vía entre Juan XXIII-Figueirido pola caída dunha árbore nas inmediacións da Brilat.
No Concello de Ponte Caldelas foi precisa a intervención de toda unha brigada para desatascar taxeas que facían que a auga esvarase formando láminas pola calzada, co conseguinte risco para a circulación. No concello de Vilaboa, á altura do O Picho, os operarios tiveron que retirar unha árbore caída polo vento na EP-0101 Postemirón-Acuña.
Na zona Sur, as brigadas tiveron que retirar árbores a piques de caer na estrada entre A Cañiza e Arbo, retirar a terra desprendida nun carril da vía entre Maceira e Avión (O Covelo), retirar un semáforo que quedara colgando por cables en Mos, ou os restos dunha casa derrubada en A Cañiza, no lugar de As Touzosas. En Soutomaior tamén se eliminaron bolsas de auga na estrada entre Arcade e Amoedo, se limparon manchas de aceite en Oia ou retiraron árbores na estrada entre Ponte Caldelas e Xustáns.
Por outra banda, na zona Norte foi preciso limpar manchas de gasoil en Rodeiro e en Forcarei (onde se estendía por 10 quilómetros na vía entre Cachafeiro e Silleda), así como limpar taxeas, retirar árbores caídas e atender outras incidencias menores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.208