Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

O goberno do Porriño impulsará co CTAG a formación de desempregados

[Img #22277]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada polo concelleiro de Urbanismo e Industria, Marcelino Coto, visitou a sede do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia (CTAG) e mantivo unha xuntanza cos seus responsables, encabezados polo director desta entidade, Luis Moreno.

Eva García de la Torre tivo a oportunidade de coñecer polo miúdo os proxectos nos que traballa o CTAG, entre eles novos materiais, enxeñería mecánica, seguridade pasiva, propulsión, emisións, ergonómica, fiabilidade, instrumentación ou automatización, aplicadas á automoción. Nos distintas áreas e laboratorios desenrola a súa función un total de 440 persoas, de sete nacionalidades distintas, a meirande parte delas doutores e enxeñeiros especializados en diferentes disciplinas.

A alcaldesa tamén percorreu o novo edificio do Centro Tecnolóxico, inaugurado en 2014, e que ven de facer que o CTAG aumentase a súa superficie edificada ata os 20.000 metros cadrados, a metade do espazo total, 40.000 metros cadrados, que ocupa no Polígono Industrial de A Granxa.

Tanto Luis Moreno como Eva García de la Torre constataron as “inmellorábeis relacións” que manteñen o Concello do Porriño e o CTAG, “cunha longa historia de colaboración e interese mutuo” e abordaron novas ideas que serán beneficiosas para as dúas entidades e posibilitarán que o Centro Tecnolóxico do Automóbil poida seguir desenrolando as súas investigacións a pleno rendemento.

A alcaldesa plantexou-como ven facendo nos constantes contactos co Centro Tecnolóxico do Granito- a súa absoluta prioridade para impulsar e poñer en funcionamento a formación de persoas en paro para que adapten os seus coñecementos ás necesidades das empresas, neste caso do sector da automoción, “no que Porriño é un referente mundial”. A iniciativa ten o respaldo do CTAG que mesmo indicou que o inicio da fabricación da furgoneta K-9, na planta de PSA, suporá unha importantísima carga de traballo para o cento de empresas auxiliares de Citroën abrindo, de novo, unha saída profesional para moitas persoas.

Ademais, Eva García de la Torre, comprometeuse cos directivos do Centro Tecnolóxico a estudar a viabilidade de que o CTAG dispoña do espazo necesario para ubicar un circuíto de probas de media e alta velocidade. Na actualidade, e co aumento da actividade do Centro, estas instalacións precisan de máis espazo que permita asumir o volume de encargos que ten o organismo que, como lembrou Luis Moreno, compite con entidades similares de Francia, Alemaña, Xapón ou os Estados Unidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.