Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos convoca o seu tradicional desfile de comparsas para o Entroido

Neste desfile poderán inscribirse, ata o día 22 de xaneiro, todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 25 compoñentes

[Img #22284]

 

A concellería de Cultura, dirixida pola edil Sara Cebreiro, convoca, un ano máis, o tradicional desfile de comparsas, que se realizará dentro das actividades do programa de Entroido 2016, o domingo día 7 de febreiro ás 17:30 horas na Avenida de Sanguiñeda.

 

Para poder optar á gratificación por participación establecida para cada modalidade, poderán inscribirse todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 25 compoñentes. Na modalidade de adultos alomenos o 60 % de compoñentes deberán ser maiores de 13 anos e na infantil alomenos o 60% de compoñentes menores de 12 anos.

 

As inscricións poden presentarse dende hoxe no Rexistro Xeral do Concello, no impreso normalizado para este fin, en horario de 9:00 horas a 14:00 horas. O prazo remata o venres 22 de xaneiro, ese día incluído. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo poderán desfilar pero non poderán optar á gratificación por participación.

 

As follas de solicitude están a disposición dos interesados na oficina de Rexistro, así como tamén na páxina oficial do concello www.mos.es. As comparsas que teñan o seu domicilio social en Mos, terán prioridade na inscrición.

 

O Concello, por motivos de seguridade e de organización, resérvase o dereito de ampliar o prazo de inscrición se así o considerase necesario.

 

Premios

 

Os premios serán de 500 euros para a mellor comparsa infantil, 500 euros para a mellor comparsa de adultos e 500 euros de premio especial para a mellor carroza.

 

As gratificacións por participación no desfile serán, ás comparsas de 25 a 40 compoñentes 300 euros e as de máis de 41 compoñentes, 400 euros. Estas gratificacións asignaranse por rigorosa orde de inscrición, ata acadar a cantidade disposta polo Concello; sendo o presuposto máximo a estes efectos de 5.500 euros .

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.