Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 13 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Unha viaxe pola historia da música a través dos instrumentos

Este é o título dunha actividade que terá lugar o vindeiro 15 de xaneiro no Auditorio Municipal aberta a todos os públicos.

A concellería de Ensino, dirixida por Cristina Fernández, organiza unha unha actividade denominada “Unha viaxe pola historia da música a través dos instrumentos” o vindeiro 15 de xaneiro no Auditorio Reveriano Soutullo. A xornada comezará ás 17:00 horas e terá unha duración aproximada de 90 minutos.


Trátase dunha pequena exposición de instrumentos musicais a través da cal se mostrarán as distintas familias dos mesmos, así como a cultura e a época a que pertenceron. A idea fundamental “é que os asistentes non se queden soamente coa percepción visual dos instrumentos, senón que os escoiten, coñezan a súa orixe e entendan as diferenzas e similitudes entre as diferentes culturas e épocas”, tal e como sinala Cristina Fernández.
A exposición, que correrá a cargo do musicólogo Abraham Cupeiro, permitirá escoitar instrumentos como o karnyx, unha especie de trompeta de orixe celta; o cornetto, instrumento medieval que se pode atopar en no deseño de diferentes catedrais galegas; frauta barroca; frauta celta; óboes e outros.


A actividade tamén está dirixida aos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria dos diferentes centros de ensino de Ponteareas, que terán a oportunidade de asistir á mencionada exposición o mesmo 15 de xaneiro no Auditorio Municipal en horario matinal.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.