Viernes, 03 de Octubre de 2025

Xornal21
Martes, 12 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitude para optar á oferta formativa de “Conectadas 2016”

As entidades sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo a promoción e desenvolvemento das mulleres e a consecución da igualdade de mulleres e homes deberán presentar as solicitudes nun prazo de 30 días naturais, a partir de mañá, para optar ás 267 prazas de “Conectadas 2016”.

[Img #22330]

 

A Deputación de Pontevedra publicou recentemente no BOPPO as bases reguladoras do programa “Conectadas 2016”. A partir de hoxe, 12 de xaneiro, e durante un mes, as entidades que promoven o desenvolvemento das mulleres poderán presentar as solicitudes para poder optar ás 267 prazas do programa nos rexistros da Deputación.

 

“Conectadas 2016”, dotado de 321.433 €, trátase dunha modificación radical do anterior programa “Pensa en Ti” que ofertaba cursos non adaptados a unha sociedade do século XXI: automaquillaxe, corte e confección ou cociña no sentido máis tradicional da forma de entender a participación das mulleres no mundo.

 

“Conectadas 2016”  ten por obxectivo potenciar a participación e promoción das mulleres, favorecer o intercambio de experiencias en igualdade, impulsar accións formativas para contribuír a mellorar a empregabilidade das mulleres e o seu mantemento no mercado de traballo, facilitar o emprego da información e as novas tecnoloxías e incorporar de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

 

 

“Conectadas 2016”, dotado de 321.433 €,  é unha modificación radical do anterior programa “Pensa en Ti” adaptando a oferta formativa á sociedade do século XXI

 

 

Os bloques de contido de “Conectadas 2016” son os seguintes: “Muller emprende: iniciativas sostibles para o emprego” (plan de negocio, community manager, e-commerce, asesoría laboral e fiscal, coaching, etc.), “Muller e cultura: artes visuais” (fotografía, pintura, percusión, teatro, etc.), “Actualízate” (correo electrónico, manexo de tablet, smartphone, redes sociais, etc.), “Coas túas mans” (cestería, traballos en tea, coiro, madeira, costura creativa, etc.), “Porque ti o fas” (arte floral e ornamentación, sostenibilidade, horta ecolóxica, etc.), “Súmate ó cambio” (hábitos saudables, conservación de alimentos, mantemento do fogar e xestión doméstica, corresponsabilidade doméstica e familiar, coida o teu vehículo, bricolaxe, etc.), “Ponte en forma” (pilates, tai-chi, ioga, etc.) e “Coidados persoais e saúde” (manexo do estrés, menopausa saudable, risoterapia, musicoterapia, etc.).

 

As accións formativas deste programa, dunha duración de 35 horas, estarán abertas a toda a poboación da provincia e incluirán, de forma transversal, o tratamento da igualdade entre mulleres e homes a través dun módulo de sensibilización en igualdade de 5 horas de duración. As mulleres terán preferencia, reservándose o 25% das prazas para homes agás no bloque “Súmate ó cambio” no que a participación pode ser mixta xa que se cubrirán as prazas ó 50%. Neste bloque de “Súmate ó cambio” a distribución das prazas é o 50% para impulsar a participación activa e conxunta de mulleres e homes nas cuestións que se desenvolven no ámbito privado. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.