Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 12 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Mos promove hábitos de vida saudables entre os alumnos de 4º de Primaria

O obxectivo desta actividade é previr aqueles factores que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno alimentario

[Img #22337]

 

A concellería de Educación e Participación Cidadá, dirixida pola edil  Kely Monzón, organiza, a partires de hoxe, unhas xornadas para que os nenos e nenas de 4º curso de Educación Primaria dos colexios de Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), e Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda), adquiran hábitos de vida saudables.

 

O obxectivo desta actividade, co nome de “Visita ó teu súper”, é previr, a través da educación, aqueles factores, como a desinformación ou as nocións erróneas sobre a alimentación, que incrementan a probabilidade de que se produza un trastorno alimentario.

 

Estas xornadas, que deron comezo o hoxe e finalizarán o 27 de xaneiro, están divididas en dúas fases. A primeira é un cuestionario sobre os hábitos alimenticios nos almorzos, que terá que cubrir o alumnado, para detectar carencias alimentarias; e posteriormente, unha sesión formativa formada por: unha charla no propio centro, na que se ofrece información básica sobre alimentación, consumo e dereitos dos consumidores, e unha visita ás instalacións do Eroski, situado na parroquia de Sanguiñeda,  para remarcar a formación ofrecida.

 

Dende a concellería consideran que deste modo, coa interacción e cooperación entre profesorado, alumnado, familias, e a entidade colaboradora, poderase contribuír a que os cativos adquiran estilos de vida saudables e fortalezan comportamentos responsables.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.