SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas darán a coñecer o PXOM de Salceda
O prazo de presentación de suxerencias remata o 28 de xaneiro.
![[Img #22339]](upload/img/periodico/img_22339.jpg)
O Centro Social da Devesa acollerá unha charla informativa sobre o Plan Xeral. Ademais de mostrar os traballos do PXOM neste os socialistas tratarán o tema da participación cidadá no Plan, xa que neste intre está aberto o prazo de suxerencias ata o 28 de xaneiro.
A voceira socialista, Verónica Tourón, subliña a importancia de que os veciños e veciñas sexan partícipes no Plan Xeral antes da súa aprobación inicial. “O primeiro Plan Xeral que vai ter Salceda é unha oportunidade para comezar a facer as cousas ben, non a perdamos”, afirma.
A executiva do PSOE tamén quere lembrar que os socialistas sempre estiveron "a favor da participación veciñal, como xa manifestara a anterior voceira Marina Cabaleiro, na pasada lexislatura". Salientan dende a mesma, que "a apertura do Plan Xeral nun proceso de participación era parte do seu programa electoral, e foron as concelleiras socialistas as que presentaron no Pleno do pasado 3 de novembro unha moción para que se levase a cabo, que saíu adiante, pese ó voto en contra do grupo do goberno".
Tourón tamén asegura que “é recomendable facer un avance do Plan Xeral. Son os cidadáns e os concelleiros os que deciden e non as empresas redactoras”.
Aclaran que "en ningún caso se pretende dende o grupo municipal socialista paralizar o proceso, o cal entenden necesario e bo para Salceda. A pretensión é facelo baixo as máximas garantías de información, participación e transparencia, e ninguén se debe sorprender porque intentemos facer as cousas ben e cumprir co noso programa". Así convidan ós veciños e veciñas á xuntanza informativa que terá lugar o próximo venres 15 de xaneiro ás 20:30 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149