Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 14 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas contratará a 34 persoas desempregadas con cargo ao Plan Concellos da Deputación

Cun investimento superior aos 250.000 euros

O Concello de Ponteareas aprobará na vindeira Xunta de Goberno Local o investimento de 250.047,93 euros procedentes da Deputación de Pontevedra para contratar a 34 persoas desempregadas que axudarán a manter e mellorar diversos servizos municipais.


A contía provén da liña que o organismo autonómico prevé dentro do Plan Concellos 2016 para que os municipios utilicen na conservacións de bens e servizos municipais. Dende o goberno local “somos conscientes de que un dos principais problemas de Ponteareas é a súa elevada taxa de desemprego, por iso utilizaremos os 250.047,68 euros para contratar profesionais que nos axuden a xestionar os nosos servizos dunha maneira máis eficaz”, afirmou o alcalde, Xosé Represas.


Os 250.047,68 euros representan a totalidade da liña prevista pola Deputación de Pontevedra para que Ponteareas destine á conservación de bens e servizos municipais. Trátase dun 22,5% da cantidade total que o Concello recibirá da administración provincial neste 2016, que ascende a 1.111.028 euros.


O Concello contratará a 1 persoa posuidora do Ciclo Superior en Obras Públicas, 1 cociñeiro para a Residencia de Maiores Santa Ana, 2 peóns de vías e obras, 5 peóns de xardinería, 2 oficiais de segunda, 5 oficiais albaneis, 1 oficial electricista, 1 fontaneiro, 3 limpadores, 1 peón de oficios diversos, 1 peón grumir, 2 auxiliares de Policía Local, 3 administrativos, 1 monitor de ocio e tempo libre, 1 auxiliar de clínica, 1 auxiliar de biblioteca, 1 licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, 1 técnico de medio ambiente e 1 educador infantil.


O compromiso deste executivo coa creación de emprego “estase a demostrar con feitos e non falsas promesas. Hai menos de 1 mes facíamos efectiva a subvención dunha parte de 18 novos postos de traballo en diferentes empresas do concello e agora anunciamos o inicio dun proceso de selección de 34 persoas que axudará a dar un mellor servizo á veciñanza”.


Os contratos destes traballadores terán unha duración que oscilará entre 3 e os 10 meses e comezarán, de maneira escalonada, a partir do vindeiro mes de febreiro.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.