As Deputacións de Pontevedra, Lugo e A Coruña proponen á Xunta estudar a xestión directa dos parques contra incendios
Silva, Campos e Gonzalez acordaron con Rueda elaborar dende as administracións informes sobre os custos e a situación do persoal para avaliar con datos obxectivos a posibilidade de cambiar o modelo de xestión.
![[Img #22348]](upload/img/periodico/img_22348.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, propuxeron este martes á Xunta de Galicia estudar a xestión directa dos parques contra incendios e ampliar o mapa de emerxencias para acadar o 100% da cobertura. Fixérono nun encontro co Vicepresidente, Alfonso Rueda, no que tamén participou o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.
Os Presidentes das Deputacións luguesa, coruñesa e a Presidenta da institución pontevedresa defenderon a necesidade de elaborar informes técnicos e xurídicos sobre os custos e a situación do persoal dos parques para, en base a ditos estudos, avaliar con datos obxectivos a posibilidade de cambiar o modelo de xestión actual dos parques dos Consorcios Provinciais. “Como socialistas, é a nosa responsabilidade estudar, tanto dende o punto de visto xurídico como económico,se é viable recuperar o modelo de xestión pública das instalacións contra incendios”, destacou González Formoso.
Como voceira dos tres titulares provinciais, Carmela Silva explicou que “os tres Presidentes socialistas expuxemos ao Vicepresidente da Xunta a necesidade de que se analice, con seriedade e en profundidade, a xestión directa dos parques dos Consorcios Provinciais, xestionados por Deputacións e Xunta, pois nós defendemos os servizos públicos”.
“Consideramos que todo o que ten que ver co Consorcio de Incendios e de Salvamento é unha cuestión de interese xeral, así como un servizo público básico. Así mesmo, defendemos que a xestión directa é a máis axeitada. É certo que nos atopamos nunha situación na que se está prestando ese servizo a través da xestión indirecta e, aínda que todos valoramos que é positivo, tamén cremos que é mellorable.O propio Vicepresidente asumíu que o funcionamento podía ser mellor”, salientou Silva.
Tamén trasladaron ao Vicepresidente da Xunta a necesidade de ampliar o mapa de emerxencias de Galicia para dar cobertura ao 100% do territorio
Neste senso, González e Campos salientaron que “os socialistas defendemos que a xestión directa é a máis axeitada para os servizos públicos desta entidade. O Vicepresidente da Xunta espuxo que non se nega á posibilidade da xestión directa, que é o que nós lle propuxemos, sempre que o seu custo non fose superior ao da xestión indirecta. Por iso, lle trasladamos a necesidade de que todas as administracións fagamos uns estudos detallados, non só sobre o prezo, senón tamén sobre o que isto significaría para o persoal que traballa nos parques”.
Estudos xurídicos e económicos
Deste xeito, tal e como propuxeron os Presidentes e a Presidenta, as administracións implicadas (as 4 Deputacións e a Xunta de Galicia) acordaron a realización de informes xurídicos e económicos para avaliar, “con seriedade e rigor, pois é fundamental á hora de tomar unha decisión final, a nosa proposta de cambio de modelo na xestión dos parques de bombeiros na defensa do público”, remarcaron. No prazo aproximado dun mes, haberá unha nova reunión para pór en común os primeiros estudos.
Ampliación do mapa de emerxencias
Silva, González e Campos tamén expuxeron a Rueda a necesidade de que se peche o mapa de emerxencias de Galicia, xa que, sobre todo nalgunhas zonas rurais e de montaña,así como en pequenos Concellos, aínda non está pechado, hai reclamacións para sumarse e zonas sen cobertura. Precisamente a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo referencia as reclamacións de concellos da provincia como o caso do Grove, que non forma parte do convenio do GES e quere pasar a ser un membro activo e non ter un convenio individual. Así mesmo citou o caso de Ponteareas actualmente cun servizo de incendios propio e que quere formar parte do Consorcio. Outro caso é o de Redondela, que solicita que se estude a posibilidade de crear un novo servizo xa que dispón de instalacións e material e que só desprazando persoal de Vigo podería atender aos concellos de Pazos de Borbén, Soutomaior e Fornelos, ademais de Redondela. Carmela Silva tamén expuxo a petición dunha base de emerxencias para Terra de Montes que, dependendo do parque de Silleda en materia de medios e persoal, podería dar servizo a zonas escuras de Cotobade, Cerdedo, A Lama e Campo Lameiro.
“OVicepresidente mostrouse sensible a esta petición que expuxemos. Polo tanto, unha vez que academos unha decisión sobre a xestión dos parques, poñerémonos a traballar para pechar o mapa de emerxencias e que a totalidade da poboación teña a máxima seguridade”, afirmou Silva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22