GALICIA
Xunta e Deputacións danse un mes de prazo para analizar a viabilidade dun cambio de sistema dos consorcios de bombeiros
O vicepresidente da Xunta considera fundamental a salvagarda dos traballadores e que a modificación sexa viable xuridicamente.
![[Img #22349]](upload/img/periodico/img_22349.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo este martes un encontro cos presidentes das catro Deputacións Provinciais - Valentín González da Coruña, Darío Campos de Lugo, José Manuel Baltar de Ourense e Carmela Silva de Pontevedra-, na que abordaron a situación dos consorcios provinciais de bombeiros e estableceron un prazo dun mes para analizar a viabilidade dun cambio de sistema na prestación do servizo.
Na súa comparecencia antes os medios, o tamén conselleiro de Presidencia destacou que a Xunta está disposta a estudar a posibilidade de pasar de indirecta a directa a xestión dos parques comarcais de bombeiros e recordou que esta cuestión xa se tiña plantexado noutras ocasións con anterioridade, concluíndose entón que non era unha opción viable e que o sistema actual era o máis acaído.
En todo caso, Rueda amosou a súa disposición a explorar esta posibilidade e avanzou que Xunta e Deputacións se dan un mes de prazo para analizar a súa viabilidade. En concreto, o vicepresidente quixo facer fincapé en que o fundamental para o Goberno galego é que este cambio de xestión sexa viable xuridicamente, que non supoña un maior custe ás arcas públicas e que non represente prexuízos para os traballadores.
Goberno galego e entes provinciais consideran que o sistema funciona ben, aínda que cren que se pode aínda avanzar e completar o mapa de emerxencias
“Non é unha cuestión de ideoloxías”, enfatizou Rueda, que salientou que o sistema actual é un exemplo de coordinación entre Administracións e que por elas teñen pasado nestes anos responsables de distintas formacións -tanto nas distintas Deputacións como a nivel autonómico- e o modelo se mantivo invariable.
Salvagarda dos traballadores
Nesa liña, o vicepresidente amosouse moi satisfeito co labor que levan a cabo os bombeiros comarcais galegos e coa súa profesionalidade e incidiu na necesidade de que se salvagarde o seu emprego, xa que o paso dun sistema de xestión indirecta a un sistema directo conlevaría previsiblemente a apertura dun proceso de seleccion no que pode non estar garantida a permanencia nos seus postos da totalidade do persoal que actualmente presta os seus servizos.
Precisamente, neste mes de prazo unha das labores que se levará a cabo dende Xunta e Deputacións é recabar informes para coñecer en que situación quedarían os bombeiros no caso de que o servizo pase a xestionarse directamente polas administracións.
Avances no modelo
Tanto Xunta como Deputacións coincidiron en que o o actual servizo de extinción de incendios e salvamento funcionou ben e foi moi positivo, aínda que tamén consideraron que aínda se pode seguir avanzando. Así, unha vez se decida se se mantén o actual sistema ou se cambia, Xunta e Deputacións abordarán novos avances no modelo para completar o mapa de emerxencias e dotar de recursos que permitan completar de xeito satisfactorio o servizo na totalidade da nosa Comunidade.
Actualmente, hai en Galicia 24 parques comarcais de bombeiros -aos que se sumará este ano un máis en Carballiño-, espallados por toda Galicia e organizados en torno a consorcios provinciais, nos que participan a Xunta e as distintas Deputacións. No eido das emerxencias, Administración autonómica, entes provincias e tamén os concellos colaboran así mesmo no mantemento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal, que recentemente veñen de ser renovados por outros tres anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129