Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
O Porriño

A alcaldesa ordena a realización das reparacións urxentes do CEIP Plurilingüe de Atios

[Img #22352]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coas concelleiras Lourdes Moure e Soledad Girón, fixo unha visita o CEIP Plurilingüe de Atios para coñecer en persoas necesidades deste centro educativo no  que cursan os seus estudos un total de 210 rapazas e rapaces de infantil e Primaria.

O director do colexio fixo unha descrición polo miúdo dos proxectos que está a desenrolar o mesmo e sinalou a importancia de acometer distintas reparacións nas instalacións, algunhas de máxima urxencia, como a colocación dun valado de protección na área de recreo dos pequenos de Educación Infantil.

Eva García de la Torre comprometeuse a acometer esta mesma semana a obra de xeito que estea rematada nos vindeiros días. O concello, asegurou a alcaldesa, tamén arranxará os desperfectos causados nos vestiarios por un incendio e polos problemas causados por unha fuga de auga na zona das duchas, que é a causa da caída de varios paneis do teito. Os técnicos municipais examinarán o remate da parte superior do ximnasio, parte da cal que se retirara os para gañar preto de medio metro de altura e para evitar os efectos da condensación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.