GALICIA
Elena Ojea, a primeira investigadora Galega en obter unha beca do Consello Europeo de Investigación, volve a Galicia grazas ao programa Oportunius
O presidente da Xunta, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, mantivo un encontro coa científica de Nigrán e con outros dous investigadores galardoados con apoios ERC, o físico de partículas Diego Martínez e o químico molecular Javier Montenegro.
![[Img #22354]](upload/img/periodico/img_22354.jpg)
A primeira galega en obter unha beca Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC polas súas siglas en inglés), a nigranesa Elena Ojea, desenvolverá en Galicia o seu traballo sobre o cambio climático grazas ao programa da Xunta Oportunius, que busca atraer a Galicia ao mellor talento científico, e ao esforzo da Universidade de Vigo. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro tanto coa propia Ojea como con outros dos galegos tamén apoiados por becas Starting Grant do ERC: o físico de partículas Diego Martínez, e o químico molecular Javier Montenegro.
Conde lembrou que Martínez foi a primeira fichaxe de Galicia no marco do programa Oportunius, e adiantou que Ojea se incorporará á Universidade de Vigo, tras traballar durante varios anos no centro BC3 do País Vasco. O seu proxecto mobilizará 1,5 millóns de euros no próximo lustro grazas ao respaldo do ERC, impulsando a creación de emprego cualificado derivado da composición do equipo de especialistas que axudarán na súa labor á científica galega.
Ojea, especialista en cambio climático, traballaba ata agora no País Vasco e se incorporará á Universidade de Vigo
O conselleiro subliñou que o Oportunius configúrase como unha gran oportunidade para reter, recuperar e captar aos mellores investigadores, de cara a que desenvolvan a súa carreira en Galicia e atraian o investimento que supoñen as ERC; para formar a científicos con potencial para conseguir estas bolsas europeas; e para incorporar talento ás pemes, mellorando a competitividade do tecido produtivo.
Unha aposta polo talento innovador que, sinalou o conselleiro, o Goberno galego aspira a facer extensible a outros investigadores, como é o caso do propio Javier Montenegro, que foi asesorado pola Axencia Galega de Investigación para presentar a súa candidatura á beca ERC.
A investigadora vén de acceder á prestixiosa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación e o seu proxecto mobilizará 1,5 millóns de euros no próximo lustro, impulsando a creación de emprego cualificado
Conde destacou que xunto á contratación de Diego Martínez e Elena Ojea polas universidades de Santiago e Vigo, o Oportunius ten permitido xa colaborar con 8 investigadores galegos finalistas e, polo tanto, con potencial para acadar unha beca ERC; así como fomentar a participación nas mesmas a través de obradoiros de formación e informes de asesoramento dos que se teñen beneficiado máis de 70 investigadores. O conta con 5 millóns de euros para atraer máis de 30 millóns de euros en apoios ERC ata 2020 que permitan desenvolver liñas pioneiras en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129