PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra suma sinerxias coas Cámaras de comercio para impulsar a capacitación tecnolóxica das PEMES
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, reuniuse con representantes das Cámaras de Comercio de Pontevedra, Tui, Vigo e Vilagarcía no marco dun novo modelo de relación cos axentes económicos e sociais para o impulso das pemes e dos autónomos.
![[Img #22360]](upload/img/periodico/img_22360.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo esta mañá unha primeira reunión con representantes das cámaras de comercio de Pontevedra, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa no marco dunha serie de encontros que a institución provincial manterá durante estes meses cos axentes económicos e sociais, así como cos concellos e tecido empresarial da provincia, para impulsar a capacitación tecnolóxica das micropemes e dos autónomos da provincia de Pontevedra. Ademais, a través destes encontros coas cámaras de comercio e outras institucións, o novo goberno da Deputación de Pontevedra quere poñer o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial a disposición de micropemes e autónomos para a formación e capacitación tecnolóxica.
Carmela Silva afirmou que o que a institución provincial pretende é contar coas cámaras de comercio, concellos e outros axentes sociais para dean a coñecer as súas necesidades para facer do CPAE 2.0 un verdadeiro instrumento de capacitación e asesoramento tecnolóxico para micropemes e autónomos de toda a provincia.
Carmela Silva destacou que a primeira das reunións tivo lugar coas cámaras de comercio “por ser interlocutores moi válidos co mundo empresarial así como pola estrutura de coñecemento que teñen, necesaria para que as administracións sexamos máis operativas á hora de poñer en marcha actuacións para impulsar o tecido empresarial”.
O encontro tamén serviu para dar a coñecer ós representantes das cámaras de comercio da provincia o Centro Provincial de Asesoramento Empresarial, CPAE 2.0, co obxectivo de incorporar melloras ó seu funcionamento. Neste contexto, Carmela Silva subliñou que “o CPAE 2.0 estaba centrado exclusivamente na prestación de servizos a micropemes e autónomos en cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías pero sen implicar e establecer marcos de colaboración cos axentes empresariais e económicos, que son os que realmente demandan e necesitan os servizos tecnolóxicos. A partir de agora o modelo cambia para contar coa colaboración de todos os axentes implicados, sumar sinerxias, incorporar información das necesidades do tecido empresarial da provincia para dar resposta adecuada ás súas demandas, mellorar o seu funcionamento, obter mellores resultados e favorecer, en definitiva, a creación de riqueza e o desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra”.
Esta primeira reunión serviu para dar a coñecer as actividades e servizos que a institución provincial realiza a través do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial (CPAE 2.0)
O CPAE 2.0 presta un servizo, tal e como subliñou a Presidenta da Deputación de Pontevedra, “de información a autónomos e micropemes da provincia, que representan o 92% do tecido empresarial provincial, ofertando unha serie de actuacións para potenciar o desenvolvemento económico a través das tecnoloxías, aumentar a produtividade, introducir a innovación dos procesos produtivos, facilitar a implantación do comercio electrónico e crear un novo canle de venda online de produtos e servizos”. Para elo, o CPAE 2.0 conta cunha rede de seis puntos (Lalín, Cambados, Pontevedra, Vigo, O Porriño e Ponteareas) onde os emprendedores, autónomos e pequenas empresas poden obter información e asesoramento personalizado sobre o emprego das TIC no seu campo de actuación empresarial.
Tanto o Presidente da Cámara de Vilagarcía, Miguel Falcón, como o Presidente da Cámara de Pontevedra, Eduardo Miguel Barros, valoraron moi positivamente este encontro e manifestaron a súa total colaboración aportando coñecemento co obxectivo de xerar riqueza e emprego de calidade na provincia.
Finalmente, a Presidenta da Deputación aproveitou a ocasión para dar a coñecer que o vindeiro mércores, 20 de xaneiro, no salón de plenos da institución provincial, Francesc Pumarola, Digital Manager de Hijos de Rivera SAU, participará nun almorzo de traballo dirixido a autónomos e micropemes para dar a coñecer o emprego das redes sociais como canle de venda.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22