Mos
O conselleiro de Cultura asina un convenio coa Fundación Pazo de Mos para organizar actividades nas súas instalacións
O Concello intermediou coa Xunta para poder facer posible esta colaboración
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou esta tarde o Pazo de Mos acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, o edil de Coordinación de Asociacións Veciñais, Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
O motivo da visita foi que a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, colaborará na dinamización e impulso de actividades culturais no Concello de Mos a través da Fundación Pazo de Mos. Así se reflicte no protocolo de colaboración asinado hoxe polo conselleiro Román Rodríguez e o presidente da Fundación Pazo de Mos, Manuel Barciela.
Dito documento de colaboración plasma o compromiso da administración autonómica de organizar, durante o presente ano 2016, actividades culturais no Pazo de Mos que, como é sabido, atópase ubicado no Camiño Portugués a Santiago de Compostela. As actividades poden incluír dende concertos, ata espectáculos infantís e/ou exposicións.
O obxectivo principal desta colaboración por parte da Xunta de Galicia coa Fundación é promocionar o Camiño de Santiago ó seu paso polo municipio mosense e darlle vida ó Pazo, unha das principais xoias do patrimonio histórico e arquitectónico da nosa localidade. Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa realiza actividades varias nas instalacións do Pazo de Mos como iniciativas de todo tipo incluídas na programación municipal cultural anual, entre outras.
Segundo hoxe explicou o conselleiro de Cultura e Educación, neste protocolo establécese un marco xeral de colaboración que se deberá ir concretado ano a ano en actividades específicas. Román Rodríguez salientou a importancia da cooperación entre institucións e administracións para levar a cabo iniciativas que redunden nun beneficio sobre os cidadáns, neste caso sobre os veciños e veciñas de Mos.
O conselleiro aproveitou para agradecer o traballo da Fundación Pazo de Mos a prol da difusión da nosa cultura e, así mesmo, loou o labor do Concello neste ámbito, con moitas das súas actividades neste Pazo a través da Fundación que o xestiona e que está integrada por representantes veciñais.
Ao abeiro deste protocolo, elaborarase un plan de actuacións culturais que se desenvolverán no Pazo de Mos. Para iso, a consellería de Cultura e Educación prestará o seu apoio no desenvolvemento de liñas de actuación e de realización de eventos culturais en Mos a través da Fundación Pazo de Mos. Deste xeito, o departamento educativo da Xunta colaborará na difusión pública das actividades culturais organizadas pola Fundación Pazo de Mos.
Pola súa banda, a Fundación Pazo de Mos comprométese a establecer unha programación de actividades que repercutan na promoción cultural e creativa de Mos e difundir e levar a cabo esa programación.
Este acordo enmárcase no apoio que a consellería lle vén ofrecendo a fundacións e asociacións para o desenvolvemento da súa actividade, entre as que destacan fundacións de autor como as de Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Eduardo Pondal e Vicente Risco; xunto con diversas entidades das catro provincias galegas, tamén de referencia no ámbito cultural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101