Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Os bombeiros liberan do interior dun vehículo a unha persoa que sufriu un accidente en Mos

[Img #22374]Unha persoa foi liberada esta madrugada do interior do vehículo que conducía tras sufrir un accidente cando circulaba pola A-55, na estrada que une Puxeiros e O Porriño, á altura do concello de Mos. O particular que chamou ao CAE 112 Galicia ás 05:30 horas de hoxe para pedir axuda indicou que o coche quedou encaixado no gardarraíl da Autovía. Así, de contado, o persoal do CAE 112 Galicia alertou, ademais de Urxencias Médicas, aos bombeiros do Porriño que liberaron á persoa ferida.

 

A intervención da Garda Civil de Tráfico e dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos tamén foi requirida polo CAE 112 Galicia.

 

Accidente en Tui

Por outra banda, pasados uns minutos das 19:00 horas da tarde de onte, o 112 Galicia recibiu a chamada de varios condutores que informaban da saída de vía dun turismo que circulaba pola A-55, no punto quilométrico 26, do concello de Tui. Segundo indicaron testemuñas que presenciaron o accidente, o turismo deu varias voltas de campá, o que motivou que outros tres vehículos mais resultasen implicados. Ademais, dúas persoas tiveron que ser atendidas polos técnicos sanitarios. O CAE 112 Galicia ademais de pasar aviso a Urxencias Médicas, tamén solicitou a colaboración da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil de Tui. Tamén, case á mesma hora, en Barbadás, un particular informou ao persoal do CAE 112 Galicia de area acumulada nunha extensión aproximada duns 100 metros en ambos os dous carrís da A-52, no punto quilométrico 232. Por iso, se pasou aviso á Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Pereiro de Aguiar, que confirmaron o peche á circulación dun dos carrís mentres duraron as tarefas de limpeza da vía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.