Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Enero de 2016 Tiempo de lectura:
Tomiño

O Concello de Tomiño urbaniza o entorno da nova escola infantil de Goián

A obra, cun importe de máis de 86.000€, permitirá conformar un espazo público de preferencia peonil no Camiño Vello, conectando a praza de abastos e a praza Antonio Fernández.

[Img #22381]

 

O Concello de Tomiño onte as obras de urbanización do entorno da nova escola infantil de Goián. Con esta actuación a rúa Camiño Vello no tramo entre a escola infantil e a praza de abastos pasará a incorporarse ao espazo público xerando un amplio entorno de preferencia peonil. A actuación pretende dar continuidade as distintas actuacións nos espazos públicos que ten feito o Concello de Tomiño, nomeadamente a Praza Pintor Antonio Fernández. A obra consistirá no derrube do actual muro que delimita a parcela, xerando un amplio espazo público de 1.210 m2, con zonas verdes, árbores e mobiliario urbano. O proxecto contempla tamén a canalización dos servizos de telefonía e alumeado público e a pavimentación de todo o espazo, garantindo a accesibilidade aos equipamentos públicos e eliminando barreras arquitectónicas. O importe da obra é de 86.394€ e está adxudicada a empresa Construcciones Villa y Sambado (COVISAM).

 

As obras de urbanización iniciaronse onte e teñen de prazo 3 meses, aínda que se as condicións climatolóxicas acompañan o Concello e a empresa aspiran a que se poidan finalizar antes das festas de entroido. Co remate destas obras porase fin ao proxecto da nova escola infantil, e a Xunta poderá iniciar a súa apertura. A nova escola infantil de Goián terá 61 prazas e completará o actual servizo de escolas infantís de Tomiño, pasando a ser o único concello da comarca con dúas escolas infantís. O Concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, destacou a importancia desta intervención xa que “outorga para disfrute dos veciños e veciñas de Goián un novo espazo humanizado na que os peóns teñen prioridade por riba dos coches”. Segundo Benítez, “este proxecto continúa na liña de actuacións anteriores no Concello como a Praza do Seixo ou o torreiro de Currás ven de ser remodelado. O novidoso desta intervención é que aporta accesibilidade nun espazo de equipamentos públicos permitindo un uso para todos e todas os veciños e veciñas redundando na calidade de vida dos goianeses”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.